Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Albergue Casa Grande de Lusío

Historia

A Casa Forte de Lusío data do ano 1551 e nela naceu a principios do século XIX o ilustre matemático Vicente Vázquez Queipo, inventor das táboas logarítmicas.

Memoria

Rehabilitación reversible e funcional, máximo respecto e posta en valor do edificio orixinal.

Rehabilítanse vigas, solos de madeira e carpinterías en bo estado mantendo a súa configuración arquitectónica orixinal. O eixo norte-sur preexistente do edificio distribúe a ambos lados os usos de albergue e museo. Dous núcleos de comunicacións conectan os espazos máis públicos cos máis privados e todos eles cos servizos nas distintas plantas do edificio.

Lectura clara de elementos construtivos novos fronte a técnicas de construción tradicionais.

A peza lineal que contén a escaleira, distribúe os usos do albergue e conecta as tres plantas, á vez que a escaleira do museo establece un percorrido que discorre por espazos de diferentes formas e alturas, a través da torre, corredor, e o coro da capela acentuando a riqueza espacial interior do edificio.

Empréganse medios sostibles de aporte enerxético, como colectores solares e medios de regulación de captación enerxética nas novas fachadas. Os novos elementos regulan o confort ambiental ao tempo que organizan espazos, xerando un novo edificio público confortable e doado de habitar.

(HERMO SÁNCHEZ + IGLESIAS BABÍO + LÓPEZ VEIGA)

Premios

  • Primeiro premio no concurso convocado para a rehabilitación da Casa Grande de Lusío,2oo6.

Bibliografía

  • VV.AA.; “Rehabilitación da Casa Forte de Lusío (Samos)”, Camino de Santiago. Revista Peregrina, números 117-118. Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago. Logroño 2008.