Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Casa do Parque das Fragas do Eume

Historia

A ruína a recuperar era a que se coñecía como Casa dos Caseiros, que tras anos de abandono encontrábase nun estado desolador. As construcións consistían nunha vivenda, unha palleira e unha cuadra, todas elas en pedra.

(SABÍN-BLANCO ARQUITECTOS)

Memoria

O noso traballo consistiu en unificar tódalas construcións. Unir tódolos elementos cun acceso que se mostra a modo de enxaretado de listóns de madeira.

A creación dun espazo fluído e que se poida subdividir, facer que tódalas habitacións ou salas se conecten, como dar un paseo polas fragas, no que acceder por un lado e saír polo outro ou que poidas facer un percorrido de ida e volta silencioso, sen que cada recuncho perda o seu carácter.

Pretendíamos que a nosa actuación fose silenciosa, nada se escoita mellor, ni máis alto, que o silencio.

Os materiais son do lugar: pedra de lousa, madeira e a luz.

(SABÍN-BLANCO ARQUITECTOS)

Premios

  • Gañador dos IV Premios Manuel Gómez Román na modalidade de construcións tradicionais. Ourense 2015.
  • Obra seleccionada nos Premios da XIII Bienal de Arquitectura e Urbanismo. Madrid 2016.

Bibliografía

  • SABÍN-BLANCO, Arquitectos; “Rehabilitación de vivienda para Casa do Parque das Fragas do Eume”. Fundación Arquia: IV Premios Arquia 2012-2013. Fundación Caixa de Arquitectos.