Centro Cultural Marcos Valcárcel
Historia
O Edificio Simeón foi deseñado polo arquitecto Serra y Pujal entre 1894 e 1897. Conta cunha superficie en torno aos catro mil metros cadrados e orixinalmente foi un almacén téxtil propiedade da familia García-Blanco.
Devandita familia constituíu un dos patrimonios máis importantes de Galicia, dedicándose no mencionado edificio á venda ao por maior e detalle de paquetería e quincalla; pasando logo a especializarse en téxtiles de calidade –seda, lá, algodón– procedentes de negocios familiares sitos en Cataluña.
A edificación é de estilo ecléctico, con símbolos alusivos ao comercio e á industria no seu frontón de remate. Destaca a sobriedade da súa arquitectura e unha magnífica carpintaría en madeira, encaixando perfectamente cunha intervención que respectou o seu carácter señorial para destinalo inmoble a vivendas e comercio.
Na década dos oitenta, o edificio foi mercado pola Deputación Provincial de Ourense á familia Simeón García.
Memoria
Conceptualmente [a intervención] entende a arquitectura do pasado –aquela que se ha de conservar, restaurar ou rehabilitar–, coma un legado vivo que pode e debe admitir toda axuda que dende a contemporaneidade –propietaria doutros modos de vivir e doutras tecnoloxías– é posible achegarlle. É condición, sen embargo, que esas contribucións sexan capaces de establecer co preexistente o necesario diálogo de proporción, cromatismo ou textura.
(…) A rehabilitación do inmoble combinou a recuperación da antiga arquitectura con harmónicas e moi limitadas novas operacións, sempre tentando respectar a esencia do edificio, tanto dende o punto de vista formal como espacial. A adaptación funcional, o cambio de uso dun servizo mercantilista a un uso público, non implicou cambios substanciais na estrutura espacial, adaptando os novos usos aos espazos existentes.
(BALTAR TOJO)
Bibliografía
- BALTAR TOJO, Rafael; “José Javier Suances Pereiro”, Artistas Galegos. Arquitectos, tomo VI: Da modernidade ao século XXI. Nova Galicia Edicións. Vigo 2003. Páx.20-49.
- FACAL RODRÍGUEZ, María Jesús; "Los orígenes del Banco Simeón: Evolución de los negocios de Simeón García de Olalla y de la Riva (1857-1983)", Congreso Bancario en Santiago de Compostela. Universidade de Vigo. Vigo 2005.
- GONZÁLEZ BOUZÁN, Francisco; Onte e hoxe = Ayer y hoy: Centro Cultural da Deputación de Ourense. Deputación Provincial de Ourense. Ourense 2010.
- SUANCES PEREIRO, José Javier; “Rehabilitación del Edificio Simeón para Centro Cultural”, Obradoiro, 28. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela 2000. Páx.31-46.