Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Blog

Felices Festas!

Xa se vai albiscando o final do ano… e en Proxecto ARGA toca facer balance.

O 2016 foi un ano intenso, cheo de novidades, cambios e emocións… Nestes últimos doce meses compartimos con vos máis de cincuenta novas Arquitecturas Rehabilitadas, coas súas correspondentes historias e proxectos, ilustradas con máis de catrocentas imaxes. Tamén puxemos de manifesto máis de vinte e cinco novas arquitecturas que agardan a súa segunda oportunidade baixo a ameaza do esquecemento e da ruína; e viaxamos a través do tempo con outras tantas edificacións para xogarmos ao quen te viu e quen te ve...

E para celebrar toda esta actividade e o noso traballo, recibimos un gran e importante recoñecemento durante a XIII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo polo noso labor divulgativo e de transferencia social no ámbito da Arquitectura Rehabilitada. Para @s que non puidésedes asistir á exposición correspondente celebrada en Granada, sempre vos queda a que se está a celebrar na Cooper Union de Nova Iork.

Sen embargo, o mellor de todo foi que en ningún momento deste intenso percorrido estivemos sos... E aproveitamos a ocasión para darvos ás grazas a tod@s, a eses máis de tres mil amigos e amigas que nos acompañades cada día nas redes sociais. Sen vos, Proxecto ARGA non tería sentido.

E desexándovos o mellor para o novo ano que comeza, agardamos vervos a tod@s o ano que vén e seguir gozando xuntos das Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.

Bo Nadal e Feliz 2017!