Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Blog

Proxecto ARGA únese ao AEPC2018

Proxecto ARGA únese ás actividades que celebran o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018.


AEPC 2018

O Patrimonio Cultural abarca tódolos recursos herdados do pasado en tódalas formas e aspectos: material, inmaterial e dixital; polo que ten un incuestionable valor educativo e social, así como un considerable potencial económico e unha gran dimensión en cooperación internacional. O Patrimonio Cultural non é só un legado do pasado, é tamén un recurso para o noso futuro.

Coa fin de fomentar o intercambio e a valoración do Patrimonio Cultural de Europa como un recurso compartido, así como sensibilizar sobre a historia e valores comúns do mesmo, decidiuse dedicar o presente ano 2018 como Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Esta proposta marcouse os seguintes obxectivos:

  • Promover o Patrimonio Cultural de Europa como elemento fundamental da diversidade cultural e do diálogo intercultural.
  • Poñer en relevo os mellores medios para garantir a conservación e salvagarda do Patrimonio Cultural de Europa, así como o seu disfrute por parte dun público máis amplo.
  • Potenciar a contribución do Patrimonio Cultural á economía.
  • Promover o Patrimonio Cultural como un elemento das relacións entre a Unión Europea e terceiros países.

A implementación do AEPC 2018 manifestarase mediante proxectos e actividades que se desenrolarán en toda Europa e con terceiros países. Devanditas actividades estarán sempre destinadas a todo tipo de públicos; sen embargo, prestarase unha maior atención ás xeracións máis novas e aos profesionais do Patrimonio Cultural.

E é que o Ano Europeo do Patrimonio Cultural perténcenos a tod@s!!!


Iniciativas europeas para o AEPC 2018

As iniciativas a escala europea que abranguen proxectos e políticas de actuación da Europa Creativa e doutras delegacións europeas coa fin de asegurar o legado do AEPC 2018 agrúpanse en catro obxectivos principais:

  • Compromiso: achegar o Patrimonio Cultural europeo, a súa historia e os seus valores compartidos á toda a cidadanía; e descubrir os tesouros de Europa comprometendo á xuventude xa dende a escola.
  • Valor: a través de novos usos do Patrimonio construído, recrear o patrimonio industrial, relixioso ou militar; e promover o turismo cultural sustentable.
  • Protección: desenvolver estándares de calidade para as intervencións en contextos e sitios históricos; e loitar contra o tráfico ilícito de bens culturais ademais de promover a xestión de riscos en sitios históricos.
  • Innovación: reforzar a educación e a formación en profesións novas e tradicionais relacionadas co Patrimonio Cultural; promover a participación cidadá e a innovación social dende o punto de vista de ‘Patrimonio para tod@s’; e promover a investigación, a innovación, a ciencia e a tecnoloxía para unha mellor conservación do Patrimonio Cultural.

Proxecto ARGA no AEPC 2018

Con moitas ganas de aportar o noso gran de area á celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, Proxecto ARGA únese a esta festa cultural a través da asociación Hispania Nostra, constituída no 1976 co gallo do Ano do Patrimonio Arquitectónico Europeo e en sintonía coa organización Europa Nostra.

Acreditados co selo correspondente e baixo o nome de Patrimonio Reutilizado, presentamos con moita ilusión o noso aporte: unha serie de doce arquitecturas monumentais que foron obxecto dunha intervención cuxa finalidade era o cambio de uso.

A partir do 1 de marzo, cada dúas semanas, poderedes consultar na nosa web unha nova incorporación dentro desta actividade: un Ben de Interese Cultural cuxa reutilización salvouno do abandono e lle supuxo unha segunda vida.

Esperamos que vos guste esta iniciativa e a nosa colaboración no AEPC 2018, quedando abertos a novas ideas e aos vosos comentarios!!!

#EuropeForCulture