Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Blog

Felices Festas

Xa se vai albiscando o final do ano… e en Proxecto ARGA toca facer balance.

O 2015 foi un ano intenso, cheo de novidades, cambios e emocións… Nestes últimos doce meses compartimos con vos máis de cincuenta Arquitecturas Rehabilitadas, coas súas correspondentes historias e proxectos, ilustradas con máis de catrocentas imaxes. Tamén puxemos de manifesto máis de vinte e cinco arquitecturas que agardan a súa segunda oportunidade baixo a ameaza do esquecemento e da ruína; e viaxamos a través do tempo con outras tantas edificacións para xogarmos ao quen te viu e quen te ve...

Pero por se toda esta actividade fora pouco, tamén concedemos entrevistas a diversos medios para que nos coñecerades un pouquiño mellor… chegando incluso a cruzar o charco. Tamén tivemos tempo de aumentar a familia, celebrando un triplo irmandamento con dúas das plataformas divulgativas máis importantes para a Arquitectura e o Patrimonio galegos: Arquitectura de Galicia e Patrimonio Galego.

Pero o mellor de todo foi que en ningún momento deste intenso percorrido estivemos sos. Así que aproveitamos a ocasión para darvos ás grazas a tod@s, a eses case tres mil amigos e amigas que nos acompañades cada día nas redes sociais. Sen vos, Proxecto ARGA non tería sentido.

E desexándovos o mellor para o novo ano que comeza, agardamos vervos a tod@s o ano que vén e seguir gozando xuntos das Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.

Bo Nadal e Feliz 2016!