Museo Etnográfico de A Limia
Historia
Antiga casa reitoral do século XVIII que foi tamén hospital da Orde de Santiago.
Memoria
Procederase ao levantado da cuberta existente e entramado de teito e planta alta, procedendo a unha nova construción. (…) Reposición do muro de cachotería en planta alta na zona actual de galería e fiestra central. (…) Demolición de tabicaría existente na planta alta, respectando unicamente os muros de carga, con formación de nova tabicaría en cuartos de aseos. (…) Forxado de teito de planta baixa con perfís metálicos e lousa de formigón. (…) Formación de zona axardinada.
Os materiais empregados nas obras de rehabilitación serán os tradicionais na localidade, tendo en conta o tipo de edificio que nos ocupa.
(RODRÍGUEZ PEÑA)
Bibliografía
- RODRÍGUEZ PEÑA, Xosé H.; “Rehabilitación da Casa Rectoral de Vilar de Santos para adicala a Museo Etnográfico da Limia”, documento consultado na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1994/037. Ourense 1994.