Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Proxecto ARGA é unha plataforma cultural sen ánimo de lucro que pretende inventariar, poñer en valor e divulgar todas aquelas Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.

Proxecto ARGA nace dunha necesidade, da necesidade de coñecer e explicar un proceso de transformación: aquel que converte unha arquitectura abandonada e obsoleta nunha arquitectura rehabilitada, nunha arquitectura que a través dun novo uso recibe unha segunda oportunidade para formar parte da sociedade do momento.


Benvid@s!!!.


"Moitas construcións deixan de ter aplicación ao seu fin primitivo e, a non ser que se trate de monumentos de excepcional mérito, quedan no abandono. E así vanse perdendo en vilas e cidades os valores característicos dos tempos pasados, o aspecto típico que lle fora propio. A monotonía e o gris esténdense por todas partes (…). Un dos procedementos máis acertados, co que se obteñen resultados satisfactorios, é a adaptación daqueles edificios que perderon a súa utilidade primitiva a outro tipo de vida interna. O viño novo fermenta mellor entre madeiras vellas. A vida moderna entre paredes antigas semella distinguirse, mellorarse …" MARTORELL i TERRATS, J.; “Utilització d'edificis antics per a noves aplicacions”, Catalunya municipal 15. Barcelona 1935.

Novidades en Arquitecturas

Novidades en Ruínas