Vivenda Baltanás en Paderne
Historia
Nunha paisaxe excepcional encóntrase unha antiga palleira cunha construción torpe na súa parte alta.
(QUINTÁNS EIRAS)
Memoria
Derrúbase o novo e consérvanse os grosos muros de pedra sobre os que se constrúe unha estrutura de madeira. Abaixo os dormitorios e arriba o estar para mirar o espectáculo topográfico e de vexetación co recordo lóxico da casa Domínguez de Sota. Os muros de cachotería acubillan co seu grosor aos dormitorios e a estrutura de madeira ao estar, mostrándose ambas formas de facer e construír. A vivenda non ten intención de esconder nada, todo se evidencia. A planta superior adáptase a cada recuncho e sabe subir ou baixar para solucionar pequenas diferenzas e aproveitar tódolos espazos.
Arriba a estrutura de madeira que se repite con pequenas variacións y vaise deformando ao ritmo da traza dos muros, exhíbese e acompáñase de máis madeira: por dentro e por fóra. Abaixo a madeira forra e dá calidez aos espazos compactos e compartimentados de durmir. Arriba un espazo aberto e un gran oco arriba.
A vivenda disponse nunha espiral á que se accede dende un punto intermedio e ten o seu punto máis alto na cociña e o máis baixo nos dormitorios. O espazo continuo da planta alta fragméntase con dous cambios de altura que conseguen unha certa privacidade na entrada para logo mostrar a contundencia da paisaxe. O espazo é tan pequeno que calquera fragmentación provocaría unha suma de pequenas dependencias e o traballo estivo en mostrar uns límites no uso que non se acompañan de límites físicos.
(QUINTÁNS EIRAS)
Premios
- Gañador dos Premios FAD de opinión. Barcelona 2011.
- Obra seleccionada nos Premios de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea ou Premios Mies van der Rohe. Barcelona 2011.
- Mención na XI Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. Madrid 2011.
Bibliografía
- VV.AA.; “Casa en Paderne do Courel”, Arquitectura, número 360. Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid. Madrid 2010. Páx.20-27.
- VV.AA.; “Vivienda en Paderne”, Diseño Interior, número 223. Madrid 2011.
- VV.AA.; “Casa Baltanás en Paderne”, On Diseño, número 320. Barcelona 2011.