Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Biblioteca Municipal de Palas de Rei

Historia

Antiga Cámara Agraria da vila de Palas de Rei datada no 1961.

Memoria

O Concello de Palas de Rei encargounos o proxecto de rehabilitación do antigo edificio da cámara agraria para convertelo en biblioteca. As axustadas dimensións do edificio, a proximidade ao Camiño de Santiago e a normativa para edificios públicos, conseguen que o proxecto sexa un reto do case nada miesiano. As dúas plantas baléiranse deixando só a volumetría envolvente e a lousa de forxado. O espazo queda así baleiro e listo para acoller o gran moble de madeira que reúne os aseos, a escaleira, o montalibros e o cortavento - vestíbulo de entrada. O resto do espazo queda libre: abaixo salas de lectura e arriba depósito de libros. Paredes enfuscadas e trasdosadas pintadas, solos de soleira e terrazo pulidos e carpinterías de madeira de cedro conforman e reafirman claridade ao proxecto. Un espazo eminentemente interior no que a relación co exterior queda confiada ao cortavento - cristaleira de entrada e ao ventanal aberto na sala posterior cara á parede de pedra natural do límite traseiro da parcela.

(DE MARICHALAR MANTILLA + MEIJIDE TOMÁS)

Premios

  • Finalista nos V PREMIOS DE ARQUITECTURA ENOR, ano 2011.

Bibliografía

  • GÁNDARA, Lucas; “Biblioteca Municipal de Palas de Rei”, DOT, número 39. Vigo 2011. Páx.38-39.
  • VV.AA.; “Biblioteca Municipal de Palas de Rei”, V Premio de Arquitectura Ascensores Enor 2011. Grupo Ascensores Enor. Vigo 2011.