Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Hotel Monumento Castelo de Maceda

Historia

A orixe do castelo remóntase aos últimos anos do século XI, cando foi iniciada a torre da homenaxe –posiblemente por determinación real–. De feito, algúns estudosos sitúan a Afonso X o Sabio aos once anos de idade neste castelo.

Máis tarde, a fortificación e os seus dominios foron doados como dote no matrimonio entre María Fernández –filla de dona Teresa de Portugal e o conde Fernando Pérez de Traba– con Juan Ares de Novoa de Ribadavia. Estableceuse así a liñaxe dos Novoa en Maceda, perdurando ata o século XVII. Daquela o castelo foi concedido por Filipe IV a Santiago Alonso de Lanzós, rexedor da cidade de Betanzos.

A comezos do século XX a fortaleza presentaba un estado de abandono estando invadida pola maleza e sufrindo varios incendios e roubos.

Finalmente, mediante un acordo da Comisión do Goberno e despois dunhas extensas negociacións entre o Concello e as familias herdeiras, con data do 24 de decembro de 1993, asinouse a compravenda do castelo por un importe total de corenta e dous millóns de pesetas.

Memoria

As actuacións que se propoñen van encamiñadas por unha banda á consolidación da ruína freando o progresivo deterioro, e (…) evitando a perigosidade que supón na actualidade a visita, tanto por posibles desprendementos como polo acceso a lugares elevados sen ningún tipo de protección. (…) E pola outra, comezar a rehabilitación do mesmo que permita usalo adecuadamente.

(…) As obras consisten basicamente en dotar ao edificio de forxados, cuberta, e parcialmente carpinterías exteriores logo do desentullo e limpeza previos.

(SEOANE FEIJOO)

Logo das anteriores intervencións restauradoras, propóñense (…) unha serie de actuacións para dotar á fortaleza daqueles elementos mínimos de confort que permitan a súa utilización como aloxamento turístico, e que ao mesmo tempo faciliten a visita do monumento e incluso a realización de actividades culturais, todo elo procurando que entre actividades tan diferentes non se produzan interferencias que poidan ir en detrimento de calquera delas.

(SEOANE FEIJOO)

Na quinta fase da intervención elimináronse os usos culturais para centrarse na explotación hoteleira do inmoble.

Bibliografía

  • BOGA MOSCOSO, Ramón; “Maceda”, Guía dos castelos medievais de Galicia. Edicións Xerais. Vigo 2003. Páx.180-182.
  • MARTÍNEZ RODRÍGUEZ, José + RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Daniel; “Proyecto Horizón. Siglos de arquitectura, artesanía y cultura sin barreras. Castillo de Maceda”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2000/081. Ourense 2000.
  • PALOMANES RODRÍGUEZ, Xosé Ignacio; “Informe en relación co estado actual e as propostas de remodelación no Hotel Monumento do Castelo de Maceda”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2007/105. Ourense 2006.
  • SEOANE FEIJOO, Manuel; “Limpeza e consolidación das ruínas do castelo de Maceda”; documento consultado na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1995/031. Xinzo de Limia 1994.
  • SEOANE FEIJOO, Manuel; “Restauración da fortaleza de Maceda. Fase 2”; documento consultado na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1996/046. Xinzo 1996.
  • SEOANE FEIJOO, Manuel; “Restauración da fortaleza de Maceda. Fase 3”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1996/047. Xinzo 1996.
  • SEOANE FEIJOO, Manuel; “Restauración da fortaleza de Maceda. Fase 4”; documento consultado na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1996/048. Xinzo 1996.
  • SEOANE FEIJOO, Manuel; “Estudo previo para a rehabilitación integral para o seu uso como albergue e usos múltiples da fortaleza de Maceda”; documento consultado na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1998/005. Xinzo de Limia 1996.
  • SEOANE FEIJOO, Manuel; “Remate de proxecto de execución de restauración da fortaleza de Maceda”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2002/260. Xinzo de Limia 2002.
  • SEOANE FEIJOO, Manuel; “Proxecto básico e de execución de tratamento de espazos exteriores na fortaleza de Maceda”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2004/002. Xinzo de Limia 2004.