Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Oficina de Turismo de Ourense

Historia

Conta a tradición que a Casa do Legoeiro –persoa encargada do coidado das estradas e camiños públicos– apareceu ao carón da Ponte Romana ou Vella alá polo ano 1839, cando se retiraron as torres defensivas do seu emprazamento tralo final da primeira guerra carlista.

Memoria

A Casa do Legoeiro –do peón camiñante– ao carón da Ponte Vella de Ourense, na que se suprimen malas adherencias, respéctase o antigo volume de sillería, e engádese un corpo menor, actual e en escala, para aloxar unha Oficina de Turismo.

(FERNÁNDEZ-ALBALAT LOIS + FERNÁNDEZ-ALBALAT RUIZ)

Bibliografía

  • FERNÁNDEZ-ALBALAT LOIS, Andrés + FERNÁNDEZ-ALBALAT RUIZ, Andrés; “Iago Seara Morales”, Artistas Galegos. Arquitectos, tomo VI: Da modernidade ao século XXI. Nova Galicia Edicións. Vigo 2003. Páx.328-357.
  • SEARA MORALES, Iago; “Proyecto básico y de ejecución de rehabilitación de edificio para oficina de turismo en Ponte Vella de Ourense”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1999/120. Ourense 1999.