Hotel Rural Casa de Aldán
Historia
A fábrica ten a súa orixe na segunda metade do século XVIII coa chegada a Galicia dos fomentadores –nome co que se coñecía aos comerciantes cataláns–, que viñan ás costas galegas na procura da sardiña ausente no mar Mediterráneo.
Memoria
O proxecto traballa sobre as ruínas dunha salgadoira (…). Procura establecelo diálogo entre un tempo inicial, que contempla o uso dos materiais tradicionais básicos –pedra e madeira–, e un tempo contemporáneo incorporando de maneira moi controlada, sistemas construtivos e materiais singulares como o zinc, o aceiro inoxidable ou o aceiro corten.
Así recupera a cuberta con faldóns de tella que definen o volume de augas tradicionais na nave principal da salgadoira á que contrapón unhas pezas de volumetría variable definidas con cuberta de zinc que flotan sobre os anexos edificados inicialmente para apoio do funcionamento da fábrica.
A definición destas pezas, xunto a unha galería con cuberta similar que une as dúas partes, enriquecen os percorridos internos e o tratamento do espazo interior cheo de matices, como consecuencia do tratamento da luz, dos materiais e das dimensións que comprime e expande de maneira controlada.
O tratamento do encontro entre o espazo público e a edificación ten a intención de recuperala perda do mar que nun tempo bañou a base dos seus muros e que na actualidade afastou como consecuencia de recheos.
(JAVIER VÁZQUEZ)
Premios
- Diploma nos PREMIOS UNIÓN EUROPEA DE PATRIMONIO CULTURAL - EUROPA NOSTRA 2003. Categoría: Restauración e rehabilitación do patrimonio arquitectónico.
Bibliografía
- VÁZQUEZ, Javier; “Alfonso Penela Fernández”, Artistas Galegos. Arquitectos, tomo VI: Da modernidade ao século XXI. Nova Galicia Edicións. Vigo 2003. Páx.386-413.
- VV.AA.; "Salgadeira de Aldán", Buxa. Asociación Galega do Patrimonio Industrial. Ames 2010.