Centro Xuvenil en Castrelo de Miño
Historia
Antiga vivenda do médico, que posteriormente albergou o sanatorio municipal.
Memoria
A idea central do proxecto é crear un referente a escala municipal, un edificio-praza que articule o entorno da vía principal de Castrelo de Miño. Búscase un espazo flexible e polivalente que, a modo de ocupación espontánea e alternativa da rúa, convértese nunha nova opción para os distintos colectivos (…).
Recuperar o carácter da edificación preexistente foi o punto de partida da intervención. (…) Perseguiuse o equilibrio entre materiais tradicionais e o emprego de sistemas construtivos actuais, simplificando o número de soluciones construtivas para conseguir unha intervención de baixo custe.
Organízase todo o programa funcional aproveitando a envolvente e a configuración do edificio existente, dispoñendo na planta baixa, ademais do vestíbulo de acceso, unha mediateca, un taller para mulleres rurais, aseos, e núcleo de comunicacións.
Na planta primeira, ademais do núcleo de comunicacións, dedícase a maior parte do espazo a sala de lectura e biblioteca, realizando tamén un taller para nenos-ludoteca e unha sala de usos múltiples para mozos (…).
(LÓPEZ MUÍÑOS + OTERO VÁZQUEZ)
Premios
- Mención nos Premios FINSA de Arquitectura e Interiorismo en Madeira: Thinking Wood Awards 2016.
Bibliografía
- VV.AA.; “Ludoteca en Castrelo d e Miño, Ourense”, Galicia Cool Magazine.