Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María
Historia
Vivenda situada no casco histórico da cidade, e que segue a tipoloxía de parcela gótica.
Memoria
Pola necesidade de acometer na
Igrexa da Colexiata obras de reparación de moi diverso tipo propuxen a conveniencia de realizar un estudo previo global. Como consecuencia formulei unha actuación encamiñada a potenciar e vigorizar a imaxe da Igrexa, para reforzar o seu papel ordenador do espazo urbano, á vez que suxerín a necesidade de gardar e a posibilidade de exhibir o seu tesouro artístico.Nun solar de tan só catro por oito metros proxectei un cofre, un espazo con seguridade para gardar unhas xoias, que antes eran elementos de uso e agora son elementos de exhibición. Estas características son as que dan a este pequeno espazo a categoría de
Museo.Penso que todo sexa unha escaleira para conseguir así a unidade espacial desexada, que adquire un certo carácter de moble. Malia o seu tamaño matízanse os diversos espazos que o forman: a escaleira iníciase de pedra, logo é de madeira e ao final, metálica e moqueta. Alixéirase ao tempo que ascende cara á luz cenital.
(GALLEGO JORRETO)
A construción do pequeno museo da Colexiata xurde como a necesidade de crear un lugar digno e seguro para gardalas xoias –cofre de seguridade– e con posibilidades de ser visitado. As súas dimensións obrigan a unha proximidade nos detalles e a unha escala de certa intimidade, que se complica coa procura da unidade e continuidade espacial do recinto.
A dificultade para situar a escaleira, suxire a transformación do propio museo en escaleira. Matízanse as diferenzas funcionais –acceso, antesala e o propio museo– e espaciais no que se vai configurando.
A escaleira-museo vai adquirindo diferentes tratamentos a través da luz, pavimentos, paramentos, cor e detalles da varanda para potenciar estas ideas.
Na fachada resalta este carácter unitario. Utilízase como elemento de concordancia co que lle rodea, a mesma idea do proceso construtivo de fachada, é dicir, elementos acristalados, recercados, de xambas pétreas, que á súa vez enmarcan elementos cegos brancos.
(VV.AA.)
Premios
- Primeiro premio no I Premio de Arquitectura Julio Galán Carvajal na categoría de Rehabilitación.
Bibliografía
- BALDELLOU SANTOLARIA, Miguel Ángel; “Manuel Gallego Jorreto”, Artistas Galegos. Arquitectos, tomo VI: Da modernidade ao século XXI. Nova Galicia Edicións. Vigo 2003. Páx.81-113.
- CREUS ANDRADE, Juan; “Museo de Arte Sacra de A Coruña”, Obradoiro, 33. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela 2008. Páx.226-239.
- GALLEGO JORRETO, José Manuel; Manuel Gallego. Arquitectura 1967-2015.. Catálogo de exposición. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña 2015.
- VV.AA.; “Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo”, Galicia: Arquitectura Recente. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela 1992. Páx.40-43.