Parador Nacional de Monforte de Lemos
Historia
Na actualidade aínda se conservan no monte de San Vicente do Pino o mosteiro, o pazo condal e a torre da homenaxe da fortaleza xunto co seu recinto. Tamén podemos contemplar os restos das murallas da vila.
O mosteiro de San Vicente do Pino foi moi favorecido polos reis casteláns. Afonso VI –1o47-11o9– outorgoulle moitos privilexios en compensación pola cesión de terras que o abade Miguel II fixera ao conde Froilán Díaz para refundar alí a vila de Monforte de Lemos.
Consolidada a vida monástica trala súa incorporación á Congregación de Valladolid en 1496, comezaron as obras da actual igrexa, de amplas proporcións e con planta de cruz latina. No 1618 decidiuse ampliar a sancristía vella, abríndose para elo no muro oeste un novo arco como paso a unha pequena dependencia anexa, que no 18o2 se habilitaría como oratorio abacial. Esta sancristía funcionou como sala capitular a partires da segunda metade do século XVIII, momento no que comezou a construírse unha nova entre o brazo norte do cruceiro e o refectorio. Esta peza, xunto co claustro, o alxibe e a torre - campanario, poderían ser obra do arquitecto Lucas Ferro Caaveiro, coa posible participación trala súa morte en 177o do seu fillo Miguel. Este tería realizado a escaleira de honra e a de acceso ao coro e campanario, plenamente neoclásicas e destruídas tralas obras de reconversión do mosteiro en parador.
Coa desamortización de 1835 desapareceu a vida claustral en San Vicente, converténdose en centro hospitalario e en asilo de anciáns; para quedar baleiro no 1919. Un ano máis tarde foi cedido á abadía de Samos, que enviou monxes para que renovasen a vida regular ata o 1995, ano no que o cenobio foi adquirido polo Estado.
O pazo dos Condes de Lemos foi mandado construír pola condesa Beatriz de Castro tralas revoltas irmandiñas sobre os restos dalgunha edificación anterior. Sufriu un importante deterioro tralo incendio acaecido en 1672.
A torre da homenaxe é a herdanza máis importante –por ser a única peza conservada– da fortaleza monfortina. Data de finais do século XIII ou principios do XIV, e sufriu diversas modificacións ao longo da súa historia.
Memoria
O Convento (…). A circulación organízase ao redor do claustro (…). Planta Semisoto (…). Establécese un salón no antigo refectorio, que é un dos locais con máis personalidade do Mosteiro (…). Tamén nesta planta establécese o edificio de nova construción para servizo de cociñas xa que nesta cota estará a entrada de persoal e mercadorías (…). Planta Primeira (…). Acristalarase o claustro alto (…). Mantendo as cruxías existentes, respectando totalmente os ocos (…), cun criterio o máis conservador posible, obtemos quince habitacións de bo tamaño (…). Planta Segunda (…). Ao ser idéntica, tamén se obteñen quince habitacións coas mesmas características da planta anterior (…).
Corpo anexo de habitacións - Ampliación. Xa que no propio edificio non se pode chegar a un número rendible de habitacións, construirase un corpo exento de habitacións que se organiza graduado, aproveitando a forte pendente da ladeira norte, comunicado a través do semisoto (…). O tratamento deste corpo de habitacións é en tres plantas retranqueadas, que aínda que utilizando materiais rexionais como son a pedra e a carpintaría en branco, que son os invariantes da arquitectura local, terá un deseño actual que marque claramente as distintas épocas de construción (…). Créanse dezaoito habitacións de nova construción (…).
Edificio de Salóns de Convencións e Instalacións (…). O antigo Pazo de Alba restaurarase exteriormente, para aloxar no interior, aproveitando os magníficos espazos interiores da planta principal, salóns de convencións (…).
(FERNANDEZ-CUENCA CAMPUZANO)
Bibliografía
- ALONSO MONTERO, Jose María; “Plan Director del monte de San Vicente do Pino en Monforte de Lemos”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1998/271. Lugo 1998.
- ARIAS, Plácido; “Monasterio de San Vicente de Monforte”; Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo; tomo 4, número 35. Lugo 1951. Páx. 192-204.
- DÍAZ LÓPEZ, Natalia; Conjunto monumental de San Vicente del Pino de Monforte de Lemos. Evolución, reformas y transformaciones. Traballo inédito elaborado no Máster en Rehabilitación Arquitectónica da Universidade de A Coruña. A Coruña 2009.
- FERNÁNDEZ - CUENCA CAMPUZANO, Carlos; “Proyecto básico y de ejecución de Parador de Turismo en Monforte de Lemos”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1999/263. Madrid 2000.
- GOY DIZ, Ana Eulalia; “Nuevos datos sobre el Monasterio de San Vicente del Pino de Monforte de Lemos”; Galicia monástica: estudos en lembranza da profesora María José Portela Silva. Universidade de Santiago de Compostela. Compostela 2009. Páx. 517-535.
- LORENZO ASPRES, Alberta; "San Vicente do Pino", Intervencións no Patrimonio Galego para a industria hostaleira. A Coruña 2014. Páx. 445-484.
- RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Carlos; “Estudio artístico de la Iglesia y Monasterio de San Vicente del Pino de Monforte de Lemos”; Boletín do Museo Provincial de Lugo; tomo 3. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo. Lugo 1987. Páx. 69-85.