Centro de Interpretación da Conserva
Historia
A mediados do século XVII chegaba a Galicia o fomentador catalán Manuel Goday para fundar a fábrica de salgadura Manuel Goday y Compañía, instalándose na ría de Arousa. Anos máis tarde, o seu fillo Juan Goday y Gual disolveu a sociedade co seu pai e estableceu por conta propia unha fábrica de salgaduras na Illa de Arousa cara ao 1843.
Tras unha viaxe a Roma recalou en Nantes, onde coñeceu o sistema para a conserva de peixe desenvolvido por Nicolás Appert. No 1879, ao regresar, construía –anexa á fábrica de salgadura– a primeira fábrica en terra galega para a produción industrial de conserva de peixe. Para iso trouxo consigo expertos franceses que se encargaron da montaxe e posta en marcha da fábrica.
Tan só dous anos despois da súa entrada en funcionamento, a fábrica de conservas foi visitada polo monarca Afonso XII, e máis tarde sería distinguida como provedora oficial da Casa Real. E da boa calidade dos seus produtos deron boa mostra os premios acadados ao longo dos anos seguintes en numerosas exposicións internacionais: Londres no 1883, Amberes en 1885, Barcelona en 1888 ou París en 1889 e 1900.
A fábrica continuou proporcionado traballo –principalmente a mulleres– e riqueza aos seus propietarios e ás xentes da Illa de Arousa ata pasada a metade do século XX, xa que cesou a súa actividade en 1961.
Memoria
A Fábrica de Conservas de Goday forma parte dun conxunto de gran valor etnográfico formado pola fábrica de salazón, a casa da familia propietaria co seu xardín e o peirao de madeira dependente de devandita industria.
Realízase a urbanización do conxunto do área cun só material con diferentes tratamentos: a pedra. O que dá unión á diversidade de espazos públicos creados e que se articulan formando un novo Centro cultural, social e representativo da illa.
Na actualidade só se recuperou a Fábrica de conservas Goday, quedando pendente a rehabilitación do resto de edificios.
A intervención conservou a estrutura inicial da fábrica, co mesado de limpeza e de aceitado orixinais da época, así como a máquina de vapor que daba movemento a toda a fábrica.
(GALLEGO JORRETO)
Bibliografía
- CARMONA BADÍA, Juan; “La industria conservera gallega, 1840-1905”, Papeles de Economía Española, volume 3. 1983. Páx.177-189.
- DOPICO ORJALES, Xoán; “Os cataláns: a salga e a conserva. A industria en A Illa de Arousa”, Revista de cultura marítima. 2003.
- DOPICO ORJALES, Xoán + VILA FARIÑA, José Luis; Historia de A Illa de Arousa. Caixanova 2007.
- FERNÁNDEZ CASAL, Juan; Notas para o Museo da Conserva. A Illa de Arousa 2005.
- LARA COIRA, Manuel; “Fábrica de Goday na Illa d’Arousa”, Buxa. Asociación Galega do Patrimonio Industrial. 2012.
- MONTESOIRO; “La Fábrica de Conservas Goday”, Celtiberia. 2006.
- VÁZQUEZ SAAVEDRA, Daniel; “La organización del trabajo en la Galicia costero-conservera: el impacto de la industrialización en Illa de Arousa, 1889-1935”, Trabajo e industrialización en la Galicia del primer tercio del siglo XX,. Universidade de Barcelona. Barcelona 2004.
- VV.AA.; “Rehabilitación de la Fábrica Goday para Museo y muelle de madera en la Isla de Arousa”, Manuel Gallego Jorreto. Arquitectura 1998-2015. TC Cuadernos de Construcción, 118. Valencia 2015. Páx.80-83.
- VV.AA.; “Fábrica de Conservas Goday”, Gentes del Mar. Patrimonio Cultural Pesquero a través de la Fotografía.