Centro Cívico e Social de Ourense
Historia
Dous inmobles situados no casco histórico de Ourense: un orientado cara á Praza da Imprenta, o outro cara á Praza da Ferrería. Ambos, edificios de vivendas.
Memoria
A través dun concurso o Concello de Ourense formula a creación dun edificio no casco histórico da cidade cun programa detallado, que logo sofre modificacións de axuste.
O proxecto propón a ocupación mínima do solar. Sen embargo, dado que se trata de unir dous edificios existentes nos lados opostos da mazá, véxome obrigado a ocupar o espazo interior da mazá para poder unilos.
O programa é o dun centro polivalente que dea cabida a tódalas idades –gardería, anciáns e mozos–. Neste caso entendo un
Centro Cívico e Social como un lugar de referencia e de encontro. Un espazo amplo que permita contactos directos e visuais que dean unidade ao conxunto. Debe ser un centro dinamizador da participación cidadá no desenvolvemento da zona.Por iso o concibo como unha rúa na súa planta baixa que permita o paso dun lado a outro. Concretamente neste lugar se enlazan dúas prazas existentes co que consigo crear un novo itinerario, a través do cal se accede ao edificio.
A nova fachada é consecuente coa arquitectura do seu interior; non substitúe ningún edificio existente nin crea outro novo que ocupe o parcelario, senón que intenta reflectir ese carácter engadido de gran porta entreaberta de paso. Como contrapunto a certas zonas degradadas do barrio proponse unha arquitectura luminosa e alegre para os nenos.
(GALLEGO JORRETO)
Premios
- Primeiro premio do concurso convocado polo concello de Ourense para o deseño e a construción dun novo Centro Cívico e Social no Casco Histórico de Ourense.
Bibliografía
- GALLEGO JORRETO, José Manuel; Manuel Gallego. Arquitectura 1967-2015.. Catálogo de exposición. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña 2015.
- VV.AA.; “Centro Cívico y Social”, Manuel Gallego Jorreto. Arquitectura 1998-2015. TC Cuadernos de Construcción, 118. Valencia 2015. Páx.178-193.