Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Museo das Laudas Gremiais

Historia

A igrexa de Santa María a Nova –de estilo gótico mariñeiro galego– foi consagrada o 28 de xaneiro de 1327 polo arcebispo compostelán Frei Berenguel de Landoira e erixida por el mesmo, moi probablemente sobre outra igrexa existente do século XII.

O templo sitúase nunha quintana ou campo de mortos, rodeado por unha impresionante necrópole onde se conserva unha das maiores coleccións de laudas do mundo –realizadas ao longo da Idade Media e Moderna–.

Memoria

O proxecto define nun principio as obras de rehabilitación do dito inmoble como lugar de exposición, adecuando o espazo interior para o seu novo uso. Estas obras consisten fundamentalmente nunha limpeza dos paramentos interiores, o tratamento e entonación de xuntas, preparación e protección das madeiras de cuberta, arranxos no coro, pavimento e carpinterías. Proséguese coa montaxe da exposición, que comprendería os traballos necesarios de traslado, numeración e catalogación das esculturas.

Finalmente, creouse un pequeno almacén onde poder arquivar e preservar as sepulturas nas condicións idóneas para a súa conservación, e un espazo destinado a zona de traballo e como pequeno centro de investigación e consulta.

( ICRBBCC)

Bibliografía

  • DE LAS CASAS, Álvaro; O Cemiterio de Santa María a Nova. Edicións Xepe Torres. Santiago de Compostela 1936.
  • VV.AA.; “Proxecto Básico e de Execución de acondicionamento da igrexa de Santa María a Nova para exposición de laudas sepulcrais”, documento consultado na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural - Xunta de Galicia, coa signatura 1997/055. Santiago de Compostela 1997.
  • VV.AA.; “Igrexa de Santa María a Nova”, Intervencións no Patrimonio Arquitectónico. Ano 1997. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela 1999. Páx.24-25.