Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Centro Cívico de Teis

Historia

Unha edificación de forte característica arquitectónica orixinalmente dedicada a un conxunto conserveiro, agora só memoria do pasado. O seu compoñente fabril alterouse co paso do tempo. Unicamente a cheminea, como silueta exenta, testemuño do carácter pasado e unha construción volumétrica cúbica como exemplo do que en tempos era unha mostra da bonanza económica e de desenvolvemento da cidade.

Agora só resta unha edificación oprimida por tódalas súas frontes, encaixonada entre a presenza do viaduto superior, e os viarios que a rodean sen polo menos propoñer unha beirarrúa de acceso mínima, que permita apartar o acoso dos vehículos aparcados neste espazo público residual.

(BMJ ARQUITECTOS)

Memoria

Ao tratarse dunha obra de reforma e rehabilitación, a realidade estrutural ou construtiva do edificio existente, resultou determinante, condicionando a execución e xustificando a necesidade técnica das decisións adoptadas. Debido ao mal estado en xeral da fachada, optouse por forrar integramente a fachada co material previsto para a cuberta: o zinc. Elimínanse tódolos ocos da fachada lonxitudinal, previamente reforzados e arriostrados con estrutura metálica, saneando a fábrica de pedra, e retirando os engadidos de fábrica de ladrillo. A intención é recuperar a volumetría orixe da edificación.

A procura da luz natural. Absorber o patio contra o muro de contención do viaduto. Transformalo, e obter del, a iluminación natural ou non, e os seus reflexos. Outras aperturas que permiten o paso da luz natural matizan a súa presenza a través de celosías.

A reducida superficie do inmoble, leva a expor espazos flexibles, móbiles, cun mobiliario que se propón para permitir a máxima polivalencia do programa.

(BMJ ARQUITECTOS)

Premios

  • Galardoada nos X Premios Gran de Area, na categoría de Obra Executada. Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Pontevedra 2012.

Bibliografía

  • BESADA VERGARA, Belinda + FAILDE FERREIRO, Marister; “Centro Cívico de Teis”, BMJ Arquitectos. Vigo 2012.
  • VV.AA.; “Centro Cívico de Teis”, Premios Gran de Area 2012. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Delegación de Pontevedra. Pontevedra 2012.