Casa Rural 'Prádio'
Historia
Antiga vivenda tradicional rural con curral interior, construída no ano 1866.
Memoria
A intervención intenta poñer en valor o patio como artellador espacial e funcional.
Modifícase lixeiramente a xeometría pola necesaria reconstrución da estrutura do corredor e de parte do tellado para axeitar a nova distribución. A escaleira que agora ten unha presenza importante no patio refaise no mesmo sitio.
O baixo prevese menos privado e máis accesible dende o exterior de tal xeito que se dispoñen nel os servizos comúns de atención ao visitante, e o primeiro andar resérvase para os dormitorios, un pequeno apartamento e no corredor un estar.
(ESTUDIO ERBA)
Bibliografía
- LÓPEZ PELÁEZ, José Manuel + MOSQUERA PALACIOS, Carlos; “Estudio ERBA: Casa para turismo rural”, Metagénesix: Nova-Nueva Arquitectura de Galicia. Difusora de Letras, Artes e Ideas. Ourense 2011.