Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Vivenda en Requeixo de Valverde

Historia

Pequeno muíño duns corenta e nove metros cadrados útiles por planta, situado nunha parcela en pendente, ben asollada, cunhas privilexiadas vistas sobre o val.

Memoria

A actuación busca ser o máis respectuosa posible co volume existente, mantendo practicamente intactos os muros e ocos existentes, así como a súa escala e alturas. Como na maioría de edificios antigos, as xanelas existentes son de pequeno tamaño, o cal limita en gran medida a luminosidade interior. Con estes condicionantes tan marcados, o principal desafío foi o de lograr dos espazos interiores a maior apertura e continuidade posibles, permitindo o mellor acondicionamento interior e unha correcta relación coa contorna.

A solución proposta parte da creación dunha planta en desenvolvemento graduado, onde é o cambio de cota, e non os tabiques, o elemento divisorio entre as diferentes estancias, permitindo que luz e aire circulen entre todas elas.

(B+T ARQUITECTOS)

Bibliografía

  • FERNÁNDEZ BLANCO, Iago + TOUZA POL, Álvaro; “Rehabilitación de un antiguo molino en Requeixo”, b+t arquitectos. Allariz 2016.