Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil

Historia

Segundo a tradición, Santo Estevo de Ribas de Sil foi fundado por San Martiño Dumiense a mediados do século VI. E baixo o goberno de Franquila –século X–, o mosteiro adquiriu unha gran fama pola súa observancia e espiritualidade, tal e como demostra o feito de que nove bispos decidiran escoller este lugar para pasar os seus derradeiros días.

Toda esta prosperidade trouxo parella unha forte inversión en novas construcións. Ademais dunha nova igrexa cuxas características a sitúan dentro do románico de transición, levantouse o chamado Claustro dos Bispos. É o máis antigo dos tres conservados e sería o único co que contaría o mosteiro na Idade Media.

Coa reforma dos Reis Católicos, o mosteiro, ademais de pasar a depender da Congregación de Valladolid no 15o6, albergaría un Colexio de Artes. Novas obras foron necesarias para adaptar o conxunto ás novas necesidades: por unha banda aumentouse un piso ao claustro existente, nunha linguaxe renacentista pero con reminiscencias góticas; pola outra, Diego de Isla realizou as trazas de dous novos claustros de corte clasicista. O primeiro, o Claustro Grande ou da Portaría, de planta rectangular con cada unha das súas alas distribuídas en tres corpos; e o segundo, o Claustro Pequeno, de liñas vignolescas.

En torno a estes claustros abríronse o resto das dependencias como o refectorio, a sala capitular, a enfermería, a biblioteca ou a cociña.

Un incendio a finais do século XVIII e o paso das tropas francesas por Ourense trouxeron consigo o comezo do deterioro do mosteiro.

Memoria

Unha vez asumidas as competencias en materia de cultura por parte da Xunta de Galicia, abordaríase unha nova etapa na que se apostaba pola recuperación total de Santo Estevo.

En futuras fases procederase á cirurxía interna e plástica. Neste novo contedor ríxido e flexible terá cabida a reciclaxe funcional e lúdica con propostas de recuperación alternativa ao uso do edificio: arquivo morto, biblioteca, seminarios, congresos, exposicións, representacións, hospedaxe, reserva natural e ecolóxica da contorna, niños dos que foxen do mundanal ruído.

(FREIXEDO ALEMPARTE + SUANCES PEREIRO + VECOÑA PÉREZ, 1986)

Debido á pouca claridade en canto á utilización final do conxunto, as obras realizadas deberían ser o máis flexibles posible para non atar posteriores decisións ou cambios de programa.

A partir de abril de 1999 deu comezo unha nova etapa construtiva caracterizada por intervencións dirixidas á rehabilitación definitiva do mosteiro para a súa conversión en Hotel - Monumento na categoría de gran luxo, aínda que se contemplaban outros tres usos: o litúrxico na igrexa, o social coa colocación nunha parte do edificio de oficinas da Mancomunidade da Ribeira Sacra, e o cultural deixando de libre acceso un percorrido monumental por claustros e exteriores.

Esta intervención manifesta unha vontade con respecto ás preexistencias, sen renunciar por iso á expresión contemporánea nin á poética creativa e personalizada dos autores, axustada a unha metodoloxía de comprensión da historia do edificio, tanto artística como construtiva. Ao longo do tempo, esta preexistencia sufriu diferentes intervencións. Ao final recollémolo resultado. Da análise de todo iso dedúcese unha dialéctica globalizante dos medios sociais, políticos, económicos, que fan varialas relacións, como proceder invisible, enfrontándose ao problema con radicalidade mediante os materiais e tecnoloxías modernas, pero sendo respectuosos coa historia, eliminando todo indicio de formalismo e buscando unha rotundidade no cristal, en diálogo coa natureza do lugar. Ademais, seguiuse unha liña na intervención que permite a reversibilidade para outras posibles alternativas en futuras actuacións.

(FREIXEDO ALEMPARTE + SUANCES PEREIRO, 1999)

Bibliografía

  • AGRASAR QUIROGA, Fernando + AGUIRRE URCOLA, Isabel + REBOREDO CHAVES, Francisco Javier; “Proxecto de rehabilitación do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1997/048. A Coruña 1995.
  • ARIAS MELÓN, Ismael; “El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil: Actuaciones de rehabilitación y Valoración desde la Historia del Arte”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia, coa signatura 2008/180. Santiago de Compostela 2008.
  • CASTRO FERNÁNDEZ, Belén María; “Nogueira de Ramuín. Monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil”, Francisco Pons - Sorolla y Arnau, Arquitecto - Restaurador: Sus Intervenciones en Galicia (1945-1985). Tese de doutoramento defendida na Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela 2008. Páx. 603-616.
  • DURO PEÑA, Emilio; El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil. Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo. Ourense 1977.
  • DURO PEÑA, Emilio + PLATERO PAZ, José; Historia, arte y entorno del Monasterio de Ribas de Sil. Caixa Ourense. Ourense 1990.
  • FONTENLA SAN JUAN, Concepción; Restauración e Historia del Arte en Galicia. Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela 1997. Páx. 245-256.
  • FONTENLA SAN JUAN, Concepción; “San Esteban de Ribas de Sil en el origen de la restauración actual en Galicia. Polémica y restauración”, Loggia, número 7. Servizo de Publicacións da Universidade Politécnica de Valencia. Valencia 1999. Páx. 20-27.
  • FRANCO TABOADA, José Antonio + TARRÍO CARRODEGUAS, Santiago; “Santo Estevo de Ribas de Sil”, Mosteiros e Conventos de Galicia. Descrición Gráfica dos Declarados Monumento. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela 2002.
  • FREIXEDO ALEMPARTE, Alfredo; “Proxecto básico e de execución de reparación da cuberta da igrexa do mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coas signaturas 2001/o34, 2004/265 e 2006/228. Ourense 2001/2004/2006.
  • FREIXEDO ALEMPARTE, Alfredo; “Proxecto básico e de execución de rehabilitación do mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil para uso hoteleiro. 3ª Fase”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2001/116. Ourense 2001.
  • FREIXEDO ALEMPARTE, Alfredo + SUANCES PEREIRO, Javier; “Proxecto básico e de execución de rehabilitación do mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil para uso hoteleiro”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1999/216. Ourense 1999.
  • FREIXEDO ALEMPARTE, Alfredo + SUANCES PEREIRO, Javier; “Proxecto básico e de execución de rehabilitación do mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil para uso hoteleiro. 2ª Fase”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2000/015. Ourense 2000.
  • FREIXEDO ALEMPARTE, Alfredo + SUANCES PEREIRO, Javier + VECOÑA PÉREZ, Manuel; “Proyecto básico y de ejecución de obras de intervención en el monasterio de San Esteban de Ribas de Sil”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1986/011. Inclúe Reformado. Ourense 1986.
  • FREIXEDO ALEMPARTE, Alfredo + SUANCES PEREIRO, Javier + VECOÑA PÉREZ, Manuel; “Proyecto de ejecución de intervención en el monasterio de San Esteban de Ribas de Sil. 3ª y 4ª Fase”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coas signaturas 1988/016 e 1989/015. Ourense 1989-1990.
  • GARCÍA BELLO, Rafael + GARRIDO VILLA, Federico.; “Proxecto básico e de execución de acondicionamento de locais para aseos e oficina de información e exposicións no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1997/048. Ourense 1997.
  • GARCÍA IGLESIAS, José Manuel; “El claustro de los Obispos de San Esteban de Ribas de Sil”, Boletín Auriense, tomo XIII, ano XIII. Ourense 1983. Páx. 221-236.
  • GIL PUERTAS, Juan Antonio; “Proyecto ejecutivo de centro lúdico spa en el Parador de Turismo de Santo Estevo”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2006/188. Barcelona 2006.
  • LORENZO ASPRES, Alberta; "Santo Estevo de Ribas de Sil", Intervencións no Patrimonio Galego para a industria hostaleira. A Coruña 2014. Páx. 271-316.
  • MÉNDEZ FONTE, Rosa; “El monasterio de San Esteban de Ribas de Sil”, La Conservación de los Monumentos Arquitectónicos de Galicia (1840-1940). Edicións Embora. Ferrol 2011. Páx. 568-581.
  • MORGADE SAAVEDRA, Pilar + RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Antonio; Hotel Monumento: Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Colección Espazos recuperados para o turismo, número 2. Xunta de Galicia + Consellería Cultura, Comunicación Social e Turismo. Compostela 2004.
  • SEARA MORALES, Iago; “Propuesta de reparaciones en el interior de la iglesia del mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2oo4/445. Santiago de Compostela 2004.
  • TELLA LÓPEZ, Manuel; “Propuesta de reparaciones en el interior de la iglesia del mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2oo4/445. Santiago de Compostela 2004.
  • VÁZQUEZ NÚÑEZ, Arturo; “El Monasterio de Ribas de Sil”; Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Ourense, tomo 1, número 15. Ourense 1900. Páx. 261-280.
  • VV.AA.; “Patrimonio a debate: intervención en el monasterio de Ribas de Sil”; On Diseño, número 127. Barcelona 1991. Páx. 204-217.
  • VV.AA.; “Restauración do mosteiro de San Estebo de Ribas do Sil”; Arquitectura Recente. Santiago de Compostela 1992. Páx. 156-159.
  • VV.AA.; “Restauración do Mosteiro de San Estebo de Ribas do Sil”, Galicia: Arquitectura Recente. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela 1992. Páx.156-159.