Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Hotel Monasterio de Aciveiro

Historia

O mosteiro de Santa María de Aciveiro foi fundado, segundo o Tumbo Grande, o día 4 de febreiro de 1135. Esta data pode lerse na inscrición que se atopa na parede sur da igrexa.

Do programa inicial das obras só chegou ata nós o templo fundacional, un dos exemplos máis representativos da arquitectura románico-cluniacense en Galicia; non así o mosteiro primitivo, do que só se conservan algúns restos de muros interiores de cachotería e diversos fragmentos inseridos nos paramentos actuais.

En torno ao ano 1430, San Gonzalo das Penas foi nomeado abade. Nesta época, o cenobio acadou o seu máximo nivel cultural ao fundarse un Colexio de Teoloxía Moral, dotado ademais con noviciado propio –ala leste do conxunto– e un estudo de humanidades.

O mosteiro entrou na Congregación de Castela en 1518, e pouco a pouco iniciouse un proceso de recuperación consistente na mellora da facenda e das condicións de habitabilidade do convento e do colexio, adaptando a casa ás necesidades dos novos tempos. As obras comezaron na igrexa e co cambio de século centráronse no ala leste do claustro, xunto co pavillón sur das cabaleirizas, o refectorio e a cociña. Ao mesmo tempo, polas referencias de estilo, comezaríase o pavillón norte do conxunto. Cara mediados de século, iniciáronse as obras correspondentes ao ala oeste do conxunto, onde estaban a despensa, a hospedaría e os almacéns.

Concluídas as obras monacais e co conxunto a pleno rendemento, fixeron a súa aparición as tropas napoleónicas. Trala súa expulsión, quedaron no mosteiro só dez relixiosos que intentaron restaurar o conxunto, aínda que sen medios para elo. Anos máis tarde, a lei desamortizadora de Mendizábal supuxo a incautación de tódolos bens do cenobio e a disolución definitiva da comunidade.

Memoria

A relación da futura hospedaría co resto do conxunto establécese a través do claustro procesional, o cal mantén e reforza o seu carácter de espazo central de relación entre as diferentes áreas autónomas do conxunto, susceptible de albergar diversos usos, pero mantendo, asemade, a posibilidade de acceso exterior directamente á hospedaría dende o patio de labor.

(FERRO PICHEL, 1998)

O proxecto redactado modificaba a zona de acceso ao establecemento coa creación dun novo vestíbulo - recepción na mesma planta baixa, onde ademais se localizaban os dous comedores, unha nova cociña dotada de despensa e cámaras frigoríficas, dúas salas de estar, oficio, cuarto de limpeza e aseos xerais. Conxuntamente nas antigas cabalerías, nas que nunca se propuxo un uso específico, prevíase a instalación dun centro de interpretación do monumento e en planta alta aloxaríanse, a maiores dos xa existentes, nove dormitorios con baño e elimínanse unha sala de estar e un cuarto antigo co obxecto de proporcionar a unión entre as dúas alas e darlle cabida á escaleira de emerxencia esixida pola normativa.

(COLLARTE RODRÍGUEZ, 2oo2)

Bibliografía

  • BARREIRO ÁLVAREZ, Enrique; “Proyecto reformado adicional para la restauración del monasterio de Acibeiro en Forcarey”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1985/070. Pontevedra 1985.
  • CASTRO FERNÁNDEZ, Belén María; “Forcarei. Iglesia del Monasterio de Santa María de Acibeiro”, Francisco Pons - Sorolla y Arnau, Arquitecto - Restaurador: Sus Intervenciones en Galicia (1945-1985). Tese de doutoramento presentada na Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela, Compostela 2008. Páx. 365-370, 737-746.
  • COLLARTE RODRÍGUEZ, Luis; “Proyecto básico y de ejecución de terminación de la restauración para la hospedería del monasterio de Acibeiro”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2002/266. A Coruña 2002.
  • COLLARTE RODRÍGUEZ, Luis; “Rehabilitación de construcciones perimetrales y acondicionamiento del patio interior del monasterio de Acibeiro”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2003/386. A Coruña 2003.
  • DAPENA BARROS, Arturo; “Proxecto de rehabilitación da cociña e teitos dos mosteiro de Acibeiro”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1990/110. Pontevedra 1990.
  • ESTEBAN CHAPAPRÍA, Julián + GARCÍA CUETOS, María Pilar; “Monasterio de Santa María de Acebeiro. Focarei”, Alejandro Ferrant y la conservación monumental en España (1929-1939): Castilla y León y la primera zona monumental. Xunta de Castela e León, Consellería de Cultura e Turismo. Valladolid 2007. Páx. 447-452.
  • FERNÁNDEZ CORTIZO, Camilo; “Santa María de Aciveiro”, Monasticón cisterciense gallego, 2 volumes. Edilesa Ed. León 2000. Páx. 151-187.
  • FERRO PICHEL, Gumersindo; “Proyecto general básico de restauración, acondicionamiento y urbanización del Real Monasterio de Santa María de Acibeiro”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1985/070. Pontevedra 1990.
  • FERRO PICHEL, Gumersindo; “Proyecto básico y de ejecución de restauración del monasterio de Acibeiro. Fase IV”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1998/148. Pontevedra 1998.
  • FERRO PICHEL, Gumersindo; “Proyecto básico y de ejecución de restauración del monasterio de Acibeiro. Fase V”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1999/160. Pontevedra 1999.
  • FERRO PICHEL, Gumersindo; “Proyecto básico y de ejecución de restauración del monasterio de Acibeiro. Fase VI”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1999/179. Pontevedra 1999.
  • FERRO PICHEL, Gumersindo; “Proxecto básico e de execución de restauración do Mosteiro de Acibeiro. Fase VIII”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 2002/o54. Pontevedra 2002.
  • FERRO PICHEL, Gumersindo + RODRÍGUEZ ABILLEIRA, Jaime; “Proxecto de restauración do Mosteiro de Acibeiro. Fase II. Actuacións na ala sur, ala oeste e claustro”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1996/095. Pontevedra 1996.
  • FERRO PICHEL, Gumersindo + RODRÍGUEZ ABILLEIRA, Jaime; “Proxecto de restauración do Mosteiro de Acibeiro. Fase III. Actuacións na ala este”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1996/099. Pontevedra 1996.
  • LORENZO ASPRES, Alberta; "Santa María de Aciveiro", Intervencións no Patrimonio Galego para a industria hostaleira. A Coruña 2014. Páx. 365-406.
  • MÉNDEZ FONTE, Rosa; “Monasterio de Acibeiro”, La Conservación de los Monumentos Arquitectónicos de Galicia (1840-1940). Embora. Ferrol 2010. Páx. 786-790.
  • MORGADE SAAVEDRA, Pilar + RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Antonio; Hotel Monumento: Mosteiro de Aciveiro. Colección Espazos recuperados para o turismo, número 3. Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Dirección Xeral de Turismo. Santiago de Compostela 2004.
  • RODRÍGUEZ ABILLEIRA, Jaime; “Proposta de execución de obras parciais de restauración no Real Mosteiro de Santa María de Acibeiro”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1992/100. Pontevedra 1992.
  • RODRÍGUEZ ABILLEIRA, Jaime; “Proxecto piloto para a rehabilitación integral do Mosteiro de Acibeiro. Forcarei - Terra de Montes”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1992/163. Pontevedra 1992.
  • RODRÍGUEZ ABILLEIRA, Jaime; “Proxecto de rehabilitación integral do Mosteiro de Acibeiro. Fase I”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1995/066. Pontevedra 1995.
  • RODRÍGUEZ ABILLEIRA, Jaime; “Presuposto de redacción do proxecto básico e de execución de restauración do Mosteiro de Acibeiro. Fase III. Actuacións na ala este (hospedaría)”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1996/100. Pontevedra 1996.
  • RODRÍGUEZ FRAIZ, Antonio; O mosteiro de Aciveiro. Terra de Montes. Deputación Provincial de Pontevedra, Servizo de Publicacións. Pontevedra 2005.
  • VAQUERO DÍAZ, María Beatriz; “Fontes documentais para o estudio do Mosteiro de Santa María de Acibeiro do Arquivo da Catedral de Ourense”, Actas do II Congreso Internacional sobre el Císter en Galicia y Portugal. Ourense 1999. Páx. 951-994.