Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Vivenda Estival en Quilmas

Historia

Un destartalado e abandonado almacén empregado polos pescadores do lugar para gardar os seus aparellos.

Memoria

Utilizar o lugar, rehabilitar coa mesma técnica espacial.

O edificio dado é un almacén de apeiros de pesca, é un único espazo que ten máis de cen anos. Soamente dúas cuestións cualifícano: a disposición dos obxectos e a luz natural.

A técnica empregada polos seus construtores e habitantes foi sinxela: encerrar un espazo e pendurar e arrombar obxectos nel. Os de uso máis frecuente, preto da entrada e próximos á luz; os de uso menos frecuente, sempre detrás de algo.

O húmido é aquí algo frecuente e por iso o pavimento matízase nunha franxa diante da entrada: pedra ou formigón, máis alá: madeira.

Os obxectos poden ser colgados dun en un ou mediante bolsas ou superficies inventadas. Bolsas de redes e superficies de madeira que fan de alzadeiro. Así é como se pode colocar algo seco aboiando sobre unha superficie máis húmida.

Nós seguimos estas pautas como novos habitantes e como arquitectos.

Situamos no pavimento de pedra un obxecto multifunción que se vai separando e arrimando contra a parede da primeira testeira. É cociña-despensa-almacén-ducha-lavabo-inodoro-escaleira e dormitorio. O dormitorio é un chan colgado, que á súa vez fai de teito do aseo. A escaleira é unha estada que se separa como obxecto e permite acceder a limpar tanto ou interior coma ou exterior.

Ante a ausencia de electricidade abrimos un lucernario en cumieira. Necesitabamos máis luz natural pois só tiñamos aberturas nunha fachada orientada ao oeste. É un tema recorrente na historia da arquitectura, nós literalmente rompemos a cumieira en dúas, e canda ela os pares.

Outra decisión foi colocar a calor non extrema oposto do húmido: unha lareira.

A partir de aí dispuxemos os obxectos polo medio para outras alternativas de uso menos estables: a mesa de comer, a de traballar, ás cadeiras, os sofás…

Tamén limpamos as ventás de divisións para facelas como cadros que enmarcan ás vistas. Incluso fixemos iso coa porta.

Todo o espazo da caseta descansa sobre a pedra, separado e ventilado.

(CARRASCO LÓPEZ + CREUS ANDRADE)

Bibliografía

  • AGRASAR QUIROGA, Fernando; “Juan Creus e Covadonga Carrasco”, Artistas Galegos. Arquitectos, tomo VII: Cara ao novo milenio. Nova Galicia Edicións. Vigo 2004. Páx.382-415.
  • CARRASCO LÓPEZ, Covadonga + CREUS ANDRADE, Juan; “Caseta de pescadores en Quilmas”, Obradoiro, número 33. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela 2008. Páx.102-105.