Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Hotel Rural Dona Blanca

Historia

Dúas antigas vivendas de pedra xunto ao mosteiro cisterciense de San Clodio.

Memoria

Idéase a transformación das dúas vivendas nunha unidade ou casa grande para turismo rural nunha zona con gran atractivo paisaxístico e enolóxico. Resólvense serios problemas de niveis inserindo unha nova peza de acceso e relación baixo unha cuberta térmica inclinada que se inverte, medrando ata chegar á esquina xa convertida en torre-balcón. De novo o muro de pedra montado en celosía, con reforzo de vidro, conducirá o espazo central de relación entre tódalas estancias. Xa en obra, unha ampliación en semisoto, con luz e ventilación superior, completa o programa con área termolúdica de auga e vapor.

(JULIO GRANDE)

Bibliografía

  • GRANDE, Julio; “Fernando Blanco Guerra”, Artistas Galegos. Arquitectos, tomo VII: Cara ao novo milenio. Nova Galicia Edicións. Vigo 2004. Páx.352-380.