Albergue 'Casa da Torre'
Historia
Casa señorial renacentista de principios do século XVI situada no camiño portugués da ruta xacobea.
Foi fundada pola familia Prego de Montaos –conserva o escudo familiar sobre a porta–, e máis tarde pertenceu aos condes de San Román.
Dende mediados do século XIX ata os anos cincuenta da pasada centuria albergou as dependencias municipais; sendo posteriormente empregada como central dunha empresa de autobuses.
Memoria
A intervención arquitectónica proxectada para a
Casa da Torre –século XVI– e a súa contorna inmediata propúxose como unha actuación meditada e respectuosa, estimando que se trataba dun espazo urbano totalmente desaproveitado, merecedor dun carácter digno e representativo na vila. A eliminación completa das obsoletas construcións anexas supón a recuperación impagable dunha zona pública desaparecida e destinada a ser un punto de referencia urbano que non se tería que ter perdido nunca.(AMADO LORENZO)
Premios
- Primeiro premio de Rehabilitación nos IX Premios COAG, ano 2000.
Bibliografía
- AMADO LORENZO, Antonio; “Rehabilitación de La Casa de la Torre de Redondela (Pontevedra): Albergue de Peregrinos”, Restauración & Rehabilitación, número 71. Valencia 2002. Páx.28-33.
- AMADO LORENZO, Antonio; “Albergue en la Casa de la Torre: el granito se ha empleado en el interior y en la plaza exterior”. ROC Máquina: Piedras naturales, maquinaria y equipos, número 131. Biscaia 2012. Páx.56-61.