Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Museo Etnográfico de San Paio de Narla

Historia

Os primeiros documentos que fan referencia á primitiva Torre de Xiá –chamada así pola parroquia onde se sitúa– son do século XIV, aínda que con motivo das Revoltas Irmandiñas a fortaleza viuse moi afectada e no XVI tivo que ser reconstruída por Vasco Gómez Seixas.

A actual edificación está composta pola torre da homenaxe, o corpo central e o torreón: elementos que abranguen dende o século XVI ao XIX. A maiores hai unha pequena igrexa exterior.

O conxunto foi adquirido pola Deputación Provincial de Lugo no ano 1939 –coa mediación de Vázquez Seijas, interventor da dita Deputación e secretario da Xunta do Museo– para evitar que o seu propietario o convertese en canteira. Na reunión do 2 de outubro de 1959 creouse o Padroado para velar continuamente pola súa conservación e proceder á súa total recuperación.

Memoria

O proxecto contemplaba a total posta en servizo da planta baixa, mediante cerramento acristalado das arcadas do patio e solado das cabalerías e dependencias anexas. Ademais, fíxose unha renovación de pisos e teitos, instalación eléctrica e outras reformas e melloras que fixeron o edificio aceptable para unha instalación museística.

(SANTOS FERRO)

Bibliografía

  • ARIAS VILAS, Felipe; “El Museo Etnográfico e Histórico de San Paio de Narla”, Boletín del Museo Provincial de Lugo, Tomo 2. Lugo 1984. Páx.211-228.
  • BOGA MOSCOSO, Ramón; “San Paio de Narla”, Guía dos Castelos medievais de Galicia: itinerarios, arquitectura, historia, lendas e información práctica. Edicións Xerais. Vigo 2003. Páx.89-92.
  • SANTOS FERRO, José Ángel; La fortaleza de San Paio de Narla: formación de la estrutura militar, la destrucción, las transformaciones y la rehabilitación. Traballo fin de máster - Universidade da Coruña. A Coruña 2011.
  • SANTOS FERRO, José Ángel; Origen y evolución de 4 fortalezas bajo medievales en la parte suroeste de la provicia de Lugo y sus dominios monásticos sobre el priorato de Vilar de Donas. Tese doutoral do Departamento de Composición Arquitectónica - Universidade da Coruña. A Coruña 2013.
  • VARELA CAMPOS, María Paz; “Fortaleza de San Paio de Narla”, Castelos e fortalezas de Galicia. Nigratea. Vigo 1999. Páx.38-45.
  • VÁZQUEZ SEIJAS, Manuel; “San Paio de Narla”, Fortalezas de Lugo y su provincia: notas arqueológicas, históricas y genealógicas. Deputación de Lugo, Servizo de Publicacións. Lugo 1997. Páx.36-44.