Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Subdelegación de Estranxeiría en Pontevedra

Historia

A edificación está situada no casco histórico de Pontevedra, e a súa licenza para o uso de delegación do Banco de España data do ano 1901.

A entidade só se situaba na planta baixa e no semisoto, estando o resto dos andares destinados ás vivendas dos funcionarios do banco.

Memoria

A solución adoptada optou por baleirar o edificio, derrubándose o sobre-ático e manténdose a estrutura morfolóxica e funcional por medio dun novo patio central absolutamente acristalado que procura diafanidade e continuidade espacial en cada planta; e construíuse un novo ático acristalado protexido con lamas de madeira, axardinándose a terraza circundante. No interior, os acabados son a base de materiais cálidos a fin de temperar a frialdade inherente aos edificios de oficinas.

Mantívose o dobre acceso ao edificio apoiándose nas rasantes das dúas rúas; Michelena será o [acceso] principal do edificio e dará acceso ás delegacións situadas neste nivel e os superiores (…). Fíxose público o antigo patio de remesas, transformándollo nun espazo axardinado, utilizando a vexetación para filtrar a vista das medianeiras.

(…) A disposición do núcleo vertical de comunicacións permite a liberdade de clausura de cada planta con independencia dos restantes.

(FQP ARQUITECTOS)

Bibliografía

  • FRAGA RIVAS, Salvador + GARCIA-QUIJADA ROMERO, Francisco Javier + PORTOLÉS SANJUÁN, Manuel; “Rehabilitación del edificio antigua sucursal del Banco de España en Pontevedra”, XVI Premios COAG de Arquitectura. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela 2015.