Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Albergue Público de Ribadiso

Historia

Antigo hospital de peregrinos chamado de Ribadiso da Ponte, próximo a unha ponte datada no século XII que dá acceso ao lugar.

Memoria

Ademais dunha sabia reutilización dos edificios orixinais e do patio que conforman co río próximo, que se acentúa cunha acertada posta en valor, o arquitecto propuxo o complemento de dous barracóns para programas e servizos comúns aínda que, debidamente separados do resto, rematan a idea de conxunto.

O aspecto comedido e o acabado amable deses barracóns - alpendres aseguran a súa adecuación e a súa función de complemento do conxunto, nunha clara referencia a unha arquitectura tradicional actualizada.

(SEARA MORALES)

Bibliografía

  • SEARA MORALES, Iago; “Celestino García Braña”, Artistas Galegos. Arquitectos, tomo VI: Da modernidade ao século XXI. Nova Galicia Edicións. Vigo 2003. Páx.268-297.