Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Historia
A Casa da Maestranza ou de Santo Domingo –chamada así polo convento próximo– era un baluarte defensivo do século XVII. Destruído polo exército anglofrancés durante a invasión de 1719, foi reconstruído a partir de 1783 pasando a denominarse Cuartel de San Fernando.
Finalmente foi reestruturado no 1905 para albergar unha gornición máis numerosa, e máis tarde vendido ao concello pontevedrés.
Memoria
A construción militar desenrólase ao redor dun patio esaxeradamente grande. A cruxía única das alas laterais dificultaba a creación de espazos diáfanos e multiusos demandados polo novo uso. A solución proposta ten o valor daquelas que parecen únicas, posibles, evidentes.
Ao antigo patio de armas inscríbeselle un corpo perimetral de circulación, a modo de galería acristalada para contemplar(se), e introdúcese no seu interior unha peza cúbica, tamén acristalada, que contén os talleres, grandes e flexibles, de escultura, debuxo e pintura.
Os espazos necesarios para completar o programa conséguense xerando unha nova planta baixo cuberta no edificio existente que alberga a biblioteca, un centro documental e outros talleres de traballo, todos eles con iluminación cenital.
(JOSÉ MARÍA DE LA PUERTA)
Proxecto de arquitectura concibido como unha transformación positiva e imaxinativa do lugar. Do antigo cuartel militar conservou a parte máis positiva do edificio existente, a súa imaxe, a súa tipoloxía e a súa estrutura muraria, á que contrapón outra metálica, que redimensiona o patio interior, recreando un claustro novo que permite organizar, ao seu través, a complexa funcionalidade requirida e que converte o edificio, no seu conxunto, nun edificio transparente, alegre e moderno.
(BONET CORREA)
Premios
- Primeiro premio concurso convocado para a conversión da Casa da Maestranza en Facultade de Belas Artes
Bibliografía
- BONET CORREA, Iago; “César Portela Fernández-Jardón”, Artistas Galegos. Arquitectos, tomo VI: Da modernidade ó século XXI. Nova Galicia Edicións. Vigo 2003. Páx.174-208.
- CORTES CORRAL, César; “Proyecto de rehabilitación interior de edificio para Facultad de Bellas Artes”; documento consultado no Arquivo Provincial da Deputación de Pontevedra, coa signatura 18959/15. Pontevedra 1992.
- DE LA PUERTA, José María; “Patio de las musas. Facultad de Bellas Artes de Pontevedra”, Arquitectura Viva, número 43. Madrid 1995. Páx.58-63.
- PORTELA FERNÁNDEZ-JARDÓN, César + RODRÍGUEZ ABILLEIRA, Jaime; “Proyecto de Remodelación del Cuartel de San Fernando en Pontevedra para su adecuación a Facultad de Bellas Artes y Escuela de Restauración”; documento consultado no Arquivo Provincial da Deputación de Pontevedra, coa signatura 19563/1. Pontevedra 1993.
- PORTELA FERNÁNDEZ-JARDÓN, César + RODRÍGUEZ ABILLEIRA, Jaime; “Proyecto Reformado de Remodelación del Cuartel de San Fernando en Pontevedra para su adecuación a Facultad de Bellas Artes y Escuela de Restauración”; documento consultado no Arquivo Provincial da Deputación de Pontevedra, coa signatura 19564/1. Pontevedra 1994.