Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Escola de Deportes Náuticos de Abelleira

Historia

A antiga edificación foi obxecto dunha concesión administrativa de ocupación con destino a secado e industria de madeiras.

En 1997 declarouse a caducidade de devandita concesión e o Concello de Muros solicitou a concesión administrativa do inmoble.

No exterior non quedaba vestixio algún da antiga actividade e a zona estaba empezando a ser usada como escolleira improvisada.

Memoria

Proponse un orde acorde coas características do preexistente, marcado pola idea de recuperar o volume orixinal, mantendo os muros e potenciando os valores compositivos dos ocos existentes en fachada.

A planta alta disponse de tal forma que espacialmente non distorsione a lectura da totalidade do volume interior. Sobre as barras horizontais da estrutura de cuberta, que serven como tirantes estabilizadores do conxunto, apóiase unha bandexa formada por pontóns e entaboado de madeira que se retranquea da fachada suroeste, creando unha dobre altura sobre o vestíbulo de acceso, ao mesmo tempo que se despega dos muros lonxitudinais de fachada desprazándose lixeiramente cara un dos lados e rompendo así a simetría en planta.

A caixa de servizos da planta baixa, definida transversalmente polas liñas do piso e que contén os aseos, zonas de almacenamento, a escaleira e o moble de apoio ao vestíbulo, serve para acoutar cun sinxelo xesto os espazos da planta baixa.

(ARROKABE: Andrés Quintela, I+O)

Premios

  • Premio Manuel Gómez Román na categoría de Construcións adxectivas rehabilitadas ou reconstruídas.
  • 2011.
  • Accésit na categoría de Rehabilitación nos XIII Premios COAG. Santiago de Compostela 2011.

Bibliografía

  • GÁNDARA, Lucas; “De entre el Mar y la Tierra”, Revista Dot, número 41. Páx.40-41.
  • METAGÉNESIX; “Escuela de deportes náuticos”, Nova Arquitectura da Galiza. Lisboa 2011. Páx.42-43.