Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Hotel Spa Vilavella

Historia

A Casa Grande de Vilavella tivo a súa existencia ligada historicamente ao paso da vía de comunicación entre Galicia e a meseta, abarcando unha condición limítrofe entre Ourense, Zamora e Portugal.

Esta condición viuse reforzada polos diferentes usos desempeñados ao longo da súa vida: casa de postas, pensión, mesón de arrieiros ou Cuartel da Garda Civil.

Memoria

A rehabilitación da Casa Grande realizouse respectando os muros existentes e engadindo determinados elementos estruturais de nova planta como piares metálicos e vigas mixtas de aceiro para recibir lousas de formigón visto. Esta parte do complexo edificado alberga o acceso xeral, cafetería, ximnasio e habitacións de diverso formato.

O Spa sitúase cara ao sur, en prolongación do edificio principal e dando fachada a unha praza que o separa da nova edificación de acceso á plataforma superior.

A ampliación, situada baixo as ramplas de pendente en curva que serven para acceder á plataforma superior dos castiñeiros, está ocupada por habitacións que buscan a luz e as vistas aos castiñeiros dende a parte inferior. Propúxose unha estrutura de formigón armado de tal xeito que poida converterse en xeradora da complexa forma desenrolada polas ramplas da urbanización, as cales parten como lousas dende o terreo para acabar constituíndo o forxado curvo do edificio.

(BLANCO GUERRA)

Bibliografía

  • BLANCO GUERRA, Fernando; “Hotel y Spa en Vilavella”, On Diseño, número 317. Barcelona 2011.