Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Barbería de Raúl

Historia

Desenvólvese o proxecto a partir dun local comercial no seu día destinado a ultramarinos familiar, situado nos baixos dun anódino edificio de vivendas, tanto ou máis que o entorno urbano no que se insire e cuxa maior bondade, estaba no patio de parcela que o paso dos anos e a poli-actividade dos seus propietarios foi caracterizando e definindo.

(CAMBA CONSTENLA + TABOADA CASTRO)

Memoria

Aquí, encárgasenos acondicionar o local como unha pequena barbería, por tanto de uso exclusivo para homes, na que unicamente traballará o seu propietario, o cal pretendía de ela que fose acolledora, masculina (...) e onde a maiores de cortar o pelo se daría a posibilidade de tomarse algo, conectarse a internet, ler o xornal... Todo en atención ao cliente pero tamén a un mesmo, o dono e barbeiro, que entende o lugar de traballo case como extensión da súa propia casa... ou tal vez a casa como extensión do seu propio traballo.

Formalizamos estas ideas a partir de tres materiais: o ladrillo perforado pintado de branco; a madeira termotratada; e o vidro. A maiores o terrazo existente no solo que pulimos e abrillantamos. Unha materialidade de sobra recoñecible, asumible, presente no subconsciente.

Conformamos con estes ingredientes un espazo, o principal, no que se enfatiza a profundidade do local fixando a atención no acto de barbear e nun fragmento tomado do patio. Para isto traballamos coa proporción do mesmo e coa sucesión dunhas cadernas de madeira termotratada que no seu ir e vir o amoblan todo, prolongan a barbería no patio ou o patio na barbería e caracterizan sensorialmente o espazo. A súa materialidade e o seu desenrolo furgan no imaxinario colectivo...

(CAMBA CONSTENLA + TABOADA CASTRO)

Premios

  • Galardón nos X Premios Gran de Area, na categoría de Obra Executada. Delegacións de Pontevedra e Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Pontevedra 2012.
  • Obra finalista nos XV Premios COAG, na categoría de Reforma Interior. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela 2013.

Bibliografía

  • CAMBA CONSTENLA, Miguel + TABOADA CASTRO, Juan José; “Barbería Raúl”, Cooper in the Window. A Estrada 2012.
  • CAMBA CONSTENLA, Miguel + TABOADA CASTRO, Juan José; “A Barbería de Raúl”, Fundación Arquia. Barcelona 2012.
  • CAMPOS, Noelia; “Arquitectura para un corte de pelo”, Faro de Vigo, 20 de setembro de 2012. A Estrada 2012.
  • CELA, Ana; “En el sillón del barbero”, Faro de Vigo, 29 de xaneiro de 2015. A Estrada 2012.
  • REQUEJO FERNÁNDEZ, Javier José; “A Barbería de Raúl, en A Estrada, Pontevedra”, Galicia Cool Magazine. 2014.
  • VV.AA.; “A Barbería de Raúl”, Premios Gran de Area 2012. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: Delegacións de Pontevedra e Vigo. Pontevedra 2012.
  • VV.AA.; “Barbería de Raúl”, XV Premios COAG. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Santiago de Compostela 2013.