Estudio de Arquitectura 'Creus e Carrasco'
Historia
Pequena vivenda entre medianeiras con catro metros e medio de anchura e trinta metros cadrados de planta orientada cara ao norte, cara a unha rúa de apenas catro metros e medio de anchura.
Memoria
Reedificar sobre un muro existente, reinterpretar a tipoloxía e recortar superficie para gañar espazo?
Só existen tres muros medianeiros e un muro de fachada a nivel de planta baixa con ocos de ventá e porta (…).
O planeamento protexe o que queda como
peza dun escenario urbano concreto no que terán que conservarse os detalles ambientais e estéticos que o caracterizan, e permite a reedificación tomando como referencia a fachada orixinal –con galería a partir da segunda planta– para a nova composición.A solución mantén neste sentido tódolos elementos que aínda están en pé, consolidándose e incorporándollos como pezas crave do deseño.
Investígase a galería como elemento que é á vez espazo interior e fachada. En lugar de caixa é o resultado dun encartado cara fóra de múltiples taboleiros de madeira pintados de branco e suxeitos por presores de madeira na súa cor que remata nun gran vidro. O pregue é tamén bisagra e permite a ventilación cruzada.
Non negamos a renovación formal que achegan as novas tecnoloxías construtivas sen esquecer a contorna ambiental na que traballamos.
Situada a escaleira, a dimensión da planta redúcese a unha estancia. A súa posición cambiante cualifica de maneira diferente cada espazo e produce un percorrido inesperado. Escaleiras que xiran coa particular xeometría do solar, deixando ocos e chegando ata o lucernario aberto no alto da cuberta.
Fomos recortando os forxados e os paramentos para introducir a luz na profundidade da construción, dándonos conta de que nos espazos pequenos, as cuestións de escala e benestar establéceas o intanxible.
(CARRASCO LÓPEZ + CREUS ANDRADE)
Premios
- Finalista nos Premios ENOR III. 2007.
- Mención nos Premios Rodríguez Peña. 2007.
Bibliografía
- CARRASCO LÓPEZ, Covadonga + CREUS ANDRADE, Juan; “Estudio Tinajas 06”, Creus e Carrasco. A Coruña.
- VV.AA.; “Mención: Estudio de Arquitectura. Rehabilitación no barrio histórico da Coruña”, Premio Rodríguez Peña 2007. Fundación Galiza Sempre. Santiago de Compostela 2008. Páx.34-45.