Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Fundación Rubido Romero

Historia

Propónsenos rehabilitar unha pequena construción tradicional do rural galego como sede da fundación.

(ÁBALO DÍAZ + ALONSO NÚÑEZ)

Memoria

Actuamos con discreción; consolidamos muros, repoñemos a cuberta de tella e situamos un aseo adaptado. Saneamos e pintamos de branco o interior, entaboamos algúns paramentos e repoñemos a carpintería de madeira. O pavimento de granito e os remates de aceiro negro vernizado completan a actuación. O novo uso público impídenos manter as dúas alturas previas, ao ser a inferior, dedicada a cuadras no pasado, particularmente baixa.

A flexibilidade prevista permítenos, cunha sinxela intervención, favorecer o uso futuro como pequeno centro de dinamización rural: charlas, exposicións, ocio….

(ÁBALO DÍAZ + ALONSO NÚÑEZ)

Premios

  • Premio Internacional Veteco Asefave. Madrid 2014.
  • Mención l Premio de Arquitectura Cerámica. Madrid 2014.
  • Highly Comended AR+D Awards for Emerging Architecture. Londres 2013.
  • Mención especial Premio Manuel Gómez Román. Maceda 2013.
  • Finalista Vl Bienal Internacional de Arquitectura ‘Barbara Cappochin’. Padua 2013.
  • Obra selecionada Premios FAD. Barcelona 2013.
  • Obra seleccionada Xll Bienal de Arquitectura Española. Madrid 2013.
  • Premio na categoría de Reforma Interior nos XV Premios COAG. Santiago de Compostela 2012.

Bibliografía

  • MERA RODRÍGUEZ, José Carlos + SANTOS OGANDO, José Jorge; “Fundación Rubido Romero”, Guía de arquitectura contemporánea de Galicia. Pontevedra 2013. Páx.30.
  • VV.AA.; “Rubido Romero Foundation”, C3. Corea 2013. Páx.116-125.
  • VV.AA.; “Rubido Romero Foundation”, AR. Architectural Review. Londres 2013.
  • VV.AA.; “Fundación Rubido Romero”, On Diseño, número 339. Barcelona 2013. Páx.110-117.
  • VV.AA.; “Fundación Rubido Romero”, Conarquitectura, número 47. Madrid 2013. Páx.67-72.