Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Museo do Coiro Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras

Historia

Fábrica de comezos do século XVIII construída en torno a un patio central no que se conservan as tres zonas empregadas para o curtido das peles: lavado, curtidoiro e remate.

Memoria

A restauración que o presente proxecto contempla, refírese a tres aspectos concretos:

  • Reposición dunha parte importante da cuberta, empregando criterios, materiais e técnicas construtivas análogas ás existentes orixinalmente: vigas, pontóns e doelas de madeira de castañeiro para o posterior soporte da tella.
  • Reposición dunha parte do piso de madeira da planta superior da ala Sur, empregando criterios, materiais e técnicas construtivas análogas ás existentes (…).
  • Reconstrución do balcón acaroado á fachada Leste que dá ao Río, con criterios, materiais e técnicas construtivas análogas ás orixinais: pilastras de sillería de pedra e, vigas, pontóns, taboleiros do piso e varanda de madeira de castiñeiro.

(PORTELA FERNÁNDEZ-JARDÓN)

Premios

  • Premio Europeo de Urbanismo 1994 (i/ dentro da intervención do Parque Etnográfico do río Arnoia)

Bibliografía

  • CARMONA BADÍA, Xoán + FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, María Teresa; “Historia e actualidade do patrimonio industrial de Galicia: as fábricas de curtidos de Allariz”, Patrimonio cultural de Galicia e norte de Portugal. Deputación Provincial de Ourense. Ourense 1997. Páx.63-79.
  • FEIJOO RODRÍGUEZ, Celestino; “Obras de restauración da antiga fábrica de coiros de Nogueiras”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1995/032. Allariz 1995.
  • LARA COIRA, Manuel; “Fábrica de San Isidro ou de Nogueiras”, Buxa. Asociación Galega do Patrimonio Industrial. Ames 2012.
  • PORTELA FERNÁNDEZ-JARDÓN, César; “Proxecto básico e de execución de rehabilitación da fábrica de coiros, Fronte do Portovello, en Allariz - Ourense”; documento consultado na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, coa signatura 1993/139. Pontevedra 1993.
  • PORTELA FERNÁNDEZ-JARDÓN, César; “Rehabilitación parcial da fábrica de coiros ‘Nogueira’”, Obradoiro, número 26. Comisión de Cultura do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela 1997. Páx.46-49.
  • PUGA BRAU, Xosé; Allariz. Recupera-lo pasado para proxecta-lo futuro. Deputación Provincial de Ourense. Ourense 2003.