Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Centro de Conservación e Estudo da Natureza Casa das Ínsuas

Historia

A comezos do século XX foi necesaria a construción dunha casa consistorial: Rábade convertíase nun concello independente ao segregarse de Begonte o 28 de maio de 1925.

Nos anos setenta e oitenta o concello experimentaba unha progresiva transformación e un importante crecemento, o que desembocaría na construción dunha nova casa consistorial.

Así o antigo concello quedaba abandonado, ata que co cambio de século a corporación municipal chegaba a un acordo coa Asociación Galega de Custodia do Territorio para a xestión do seu uso.

Memoria

O novo programa distingue dous usos principais.

Por unha banda, o Centro de Documentación reúne os fondos bibliográficos relacionados co estudo e a conservación da natureza, depositados por diversas entidades e persoas a título individual. Este espazo tamén pode ser empregado como sala de xuntas por aquelas entidades que así o desexen.

Por outra banda, o Centro de Interpretación está formado por tres salas contiguas que conforman un espazo de máis de cen metros cadrados dedicado tanto á exposición permanente do centro como a exposicións temporais.

Ademais o programa complétase cun espazo dedicado a viveiro de empresas naturalistas e cun auditorio de oitenta prazas.

(ASOCIACIÓN GALEGA DE CUSTODIA DO TERRITORIO)

Bibliografía

  • TRIGO MAYOR, Gloria; “Rehabilitación do antigo concello de Rábade para Centro de Recepción das Insuas”. Lugo 2010.