Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Muíños de mar de Estaca de Bares

Historia

A excepcionalidade deste conxunto da Estaca de Bares –formado por cinco muíños– débese a que descenden polo acantilado aproveitando un curso de auga que desemboca directamente sobre o mar.

Estas pequenas construcións presentan unha planta rectangular, sobre a que se levantan dúas alturas. Na inferior –como é habitual–está o inferno, a parte do muíño onde se sitúa o rodicio. Algúns deles téñeno de madeira e outros de metal, pero debido ao seu mal estado non se poden apreciar moi ben. Na parte superior está a moa de moer o gran. As canles para a condución da auga están feitas de laxas verticais e cun gran reforzo de cachotaría para contrarrestar a presión da auga, o que fai que se vexa como un espectacular muro alombado enriba delas.

Lamentablemente, o seu mal estado vai en aumento, pendente da aplicación por parte da Deputación da Coruña dun plan de restauración datado no ano 2000.

Bibliografía

  • VIEITES, Elixio; “Muíños de Bares”, PatrimonioGalego.Net.