Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Fábrica de Papel de O Castro

Historia

A Fábrica de Papel do Castro –ou de Fontán– inaugurouse o 24 de setembro de 1810.

En 1828, un dos seus accionistas –Rosendo Fontán Oliveiras– cedeu as súas accións a Sebastián Rodríguez Blanco, quen llas deixou pouco tempo despois aos seus sobriños: Andrés e Domingo Fontán Rodríguez; aínda que reservando para el, en usufruto, a metade dos beneficios. Trala súa morte en marzo de 1843, os seus herdeiros fixeron todo o posible por adquirir a totalidade das accións da fábrica, cousa que lograron finalmente no 1857.

Nos seus mellores tempos, o conxunto foi unha edificación de planta rectangular con tellado a dúas augas e un gran número de ventás, necesarias estas para a ventilación e o secado do papel; e unha canle de pedra recollía a auga do río Vilacoba para conducila ata ela.

Abandonada ao redor do 1920, posteriormente funcionou como serradoiro. Finalmente, nos anos sesenta pechou as súas portas de xeito definitivo.

Bibliografía

  • VIEITES, Elixio; “Fábrica de papel de Fontán”, PatrimonioGalego.Net.
  • VV.AA.; Plan Xeral de Ordenación de Lousame. Concello de Lousame.
  • VV.AA.; “Fábrica de papel del Castro”, Real Academia Galega de Belas Artes.