Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Balneario e embotelladora de Requeixo

Historia

A construción do balneario de Requeixo –ou de Vilaza– está datada na segunda metade do século XIX, constando a venda das augas curativas do manancial en tempos anteriores.

No 1901 foi presentada na Dirección Xeral de Sanidade –por parte do médico director do balneario, Juan Manuel Espada Montanos– unha memoria anual regulamentaria sobre as augas mineromedicinais de Vilaza.

O conxunto formado polo balneario e a embotelladora estaría en activo durante pouco máis dunha década. Dende entón caería no esquecemento e a ruína comezaría a atacar as súas fábricas. Sen embargo, aínda se conservan elementos singulares como tres fontes, unhas escaleiras de pedra que dan acceso ao río Búbal e o empedrado do camiño ao carón dun paseo de centenarios cipreses.

Finalmente, e con máis dun século de abandono, nos anos noventa, o empresario portugués José de Sousa Citra adquiría o balneario de Requeixo co obxectivo de explotalas súas augas e a planta embotelladora. E logo, en novembro de 2004, comprometíase a aproveitar devandito manancial para sacar unha liña de augas mineromedicinais con distintos sabores para vendela no mercado español. Pero o tempo pasou, e a promesa aínda non se materializou.

A mediados do 2013 o concello de Monterrei viuse na obriga de negociar a adquisición do balneario así como das ruínas da antiga planta embotelladora, apoiándose na existencia dunha empresa interesada en explotar o manancial e construír un balneario con tódolos servizos. Tampouco se descartaba unha posible expropiación do solo en caso de que non frutificasen as negociacións de compra. Pero nin un proxecto nin outro foron postos en marcha, e as instalacións de Requeixo seguen abandonadas e semienterradas pola maleza.

Memoria

  • REDACCIÓN; “Un empresario luso pone a la venta Fontenova y Requeixo”, La Región. Verín, 7 de maio de 2013.
  • RODRÍGUEZ, A.; “La maleza toma el balneario y el viejo manantial de Requeixo”, La Región. Monterrei, 24 de agosto de 2014.

Bibliografía

  • MÉNDEZ APARICIO, Juan Antonio; “Memorias de las aguas minero-medicinales españolas (Siglos XIX y XX)”, Balnea, número 3 extraordinario. Universidade Complutense de Madrid. Madrid 2008.
  • SIMÓN, David; “Balneario de Vilaza”, Diario de un médico de guardia.
  • VV.AA.; “Balneario de Requeixo y embotelladora de aguas de Vilaza”, En memoria del Olvido.
  • VV.AA.; “Balneario de Requejo”, Catálogo de Protección del Patrimonio Histórico-Artístico del Ayuntamiento de Monterrey. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela 1989.