Casa Muíño das Maquías
Historia
A edificación máis emblemática do Roteiro Etnográfico do río Zamáns ou Vilaza é a chamada Casa Muíño das Maquías, en referencia á maquía: a porción que lle correspondía ao muiñeiro a cambio de moer o gran.
Trátase dunha construción de dous volumes de pedra tallada, con cadansúa roda de moer e as súas canles de auga. O volume principal ten dous andares –no superior albergaba a vivenda– e incluso un pórtico pétreo.
No 1961 construíuse a escasos douscentos metros a Presa de Zamáns, a cal lle arrebatou ao vello muíño a canle de auga que lle permitía funcionar, co que quedou abandonado e rematou converténdose nunha ruína.
O conxunto foi restaurado a finais do século XX, pero na actualidade atópase de novo nun lamentable estado de deterioro.
Bibliografía
- ALONSO DE DIOS, Alberto; “Casa Muíño das Maquías”, Galicia Máxica. 2008.
- DOMÍNGUEZ, Steve; “Los molinos de Zamáns”, ¿Qué hacer en Vigo?.
- FRANCO, Óscar; “Muíño das Maquías”, Patrimonio Galego. 2011.
- TRIGO, José; “O muíño de Maquías”, Sendereando. Caminar es vivir. Vigo 2007.