Reitoral de San Martiño de Borela
Historia
Ao carón da igrexa parroquial de San Martiño de Borela atópanse os vestixios da antiga casa reitoral, construída en planta de L durante o século XVIII.
En devandita edificación destacan os pináculos con bolardos que rematan o muro que pecha o recinto e as escaleiras da fachada que levan a un primeiro andar e a unha solaina con balaustrada de pedra, cuxa cuberta está sostida por pequenos piares. O conxunto complétase cunha gran cheminea rematada con gárgolas.
A casa reitoral –que pertence ao arcebispado de Santiago de Compostela– presenta un estado de degradación progresiva, danos importantes pola profusa vexetación que a invade e un alto risco de derrubes.
Memoria
- VV.AA.; “Alertan del mal estado de la Casa Rectoral de San Martiño de Borela, en Cotobade”, Faro de Vigo. Pontevedra, 13 de maio de 2015.
Bibliografía
- ARCO DA VELLA, Xoán; “Pazo de San Martiño. Borela. Cotobade”, Xoan Arco da Vella.
- VV.AA.; “Casa rectoral de San Martiño de Borela”, Lista Roja del Patrimonio. Madrid.