Pazo de O Casal
Historia
Segundo diversas investigacións, o Pazo de O Casal xa existía no século XVII, sendo habitado por diferentes familias ata o seu abandono fai xa varias décadas. O último inquilino que habitou o pazo foi un tal Mazas, suposto membro da familia Barrié de la Maza que, unha vez que abandonou o inmoble, estableceu a súa residencia na cidade de Vigo e xa non regresou xamais.
A edificación consta dunha vivenda de planta rectangular e desenvolvemento lonxitudinal, moi deteriorada e cuberta de maleza. Apenas conserva a ampla cociña cunha monumental cambota e cheminea que xunto con outros elementos –como parladoiros e canzorros– foron malamente recuperados. Segundo algunhas fontes, o conxunto tamén tivo unha torre de homenaxe redonda, que coas remodelacións posteriores quedou moi desfigurada do seu aspecto orixinal.
O pazo tentouse restaurar nos últimos anos, pero ao final as obras non chegaron a rematarse porque –segundo a corporación municipal– toda a actuación se constituíu como paradigma dun modelo de restauración obsoleto que se debía desbotar.
Bibliografía
- GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio; “Pazo do Casal”, Brión: historia, economía, cultura e arte. Editorial Toxosoutos. Noia 1998.
- VIEITES, Elixio; “Pazo do Casal”, Patrimonio Galego.
- VV.AA.; “O Pazo do Casal”, InfoBrión. Grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
- VV.AA.; “Pazo de O Casal”, Lista Roja del Patrimonio. Madrid.