Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Pazo de Finca Solita

Historia

O Pazo de Finca Solita foi construído entre os anos trinta e corenta do século XX, presumiblemente por unha familia burguesa.

Xa en propiedade do Concello, propúxose empregar o inmoble como sede da Asociación de Veciños de Alcabre, pero finalmente a idea foi abandonada. No 2006 redactouse un proxecto para transformar o pazo nun centro cívico –proxecto de BMJ Arquitectos–, e catro anos despois houbo un intento por convertelo inmoble nunha gardería.

Dende entón, o conxunto segue no esquecemento, sufrindo o abandono e o saqueo das súas pedras.

Memoria

  • PREGO, Carlos; “Vecinos de Alcabre denuncian robos de piedras de la fachada de Finca Solita”, Faro de Vigo. Vigo, 25 de xaneiro de 2011.
  • PREGO, Carlos; “Finca Solita busca una ‘segunda vida’”, Faro de Vigo. Vigo, 5 de febreiro de 2014.