Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Panificadora de Vigo

Historia

No ano 1917 o empresario Antonio Valcarce García, pouco despois de pechar a súa fábrica La Molinera, xunto con outros catro importantes panadeiros vigueses, encargábanlle ao arquitecto Manuel Gómez Román e aos enxeñeiros Otto Werner e Jorge Buchl –Werner und Pfleiderer– a construción dun complexo industrial destinado ao pan, ás fariñas e outros subprodutos. Inaugurada nos anos vinte baixo o nome de Compañía Viguesa de Panificación S.A, no seu momento foi a panificadora máis moderna de España.

A partir de 1926 Valcarce García quedouse como único accionista maioritario, e no 1930, buscando un novo pulo, o edificio principal foi ampliado en varios andares para acoller a sección de moenda. Para soportar esta nova actividade produtiva tamén se fixo necesaria a construción duns silos na parte norte, e un almacén para os sacos de fariña e salvados na parte leste.

Na posguerra, a Compañía soubo superar as dificultades nos subministros e a regulación do mercado. E na década dos sesenta tentou de dar resposta ao estancamento do mercado do pan cunha sección de pensos e fariñas alimentarias –sen gran éxito–; para o que foi necesaria unha ampliación do conxunto industrial.

No ano 1980 a Panificadora deixou de producir trala morte de Valcarce García, pechando ao ano seguinte. Dende entón o edificio ficou a súa sorte, namentres a súa propiedade entrou nun círculo de especulación inmobiliaria.

Durante estes anos nos que o deterioro avanzaba sobre o conxunto sen un futuro de rehabilitación definido, agrupacións como Outro Vigo é Posible, Entremos na Panificadora ou Tankollectiv intentan promover a súa posta en valor para evitar a súa demolición, conseguindo a catalogación de Ben de Interese Cultural por parte da fundación Docomomo.

Memoria

  • FUENTE, M.J.; “La Panificadora se pudre sin remedio”. La Voz de Galicia, 7 de decembro de 2014.
  • PASTORIZA, J.; “El Concello proyecta escuelas artísticas, sala de exposiciones y archivo junto a la biblioteca estatal”. Faro de Vigo, 21 de marzo de 2011.
  • PEDRIDO, P.; “Salvar la Panificadora”. Faro de Vigo, 4 de outubro de 2014.

Bibliografía

  • AGRASAR QUIROGA, Fernando; “Panificadora”, Guía de arquitectura de Vigo 1930-2000. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Delegación de Vigo. Vigo 2003.
  • GARRIDO RODRÍGUEZ, Jaime; Vigo. La ciudad que se perdió: arquitectura desaparecida, arquitectura no realizada. Deputación Provincial de Pontevedra. Pontevedra 2001.
  • FACAL RODRÍGUEZ, María Jesús; “Antonio Valcarce García. O rei do Pan”, Empresarios de Galicia. CIEF. 2006.