Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

ETSA de A Coruña

Anuncio publicado na páxina web da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña para informar da inauguración da nosa plataforma virtual e promocionala entre os diversos colectivos que compoñen a ETSAC.


O anuncio presenta Proxecto ARGA a través da cita de Martorell i Terrats que dá a benvida na nosa web.

Proxecto ARGA nace coa idea de recopilar e divulgar a Arquitectura Rehabilitada de Galicia:

Moitas construcións deixan de ter aplicación ao seu fin primitivo e, a non ser que se trate de monumentos de excepcional mérito, quedan no abandono. E así vanse perdendo en vilas e cidades os valores característicos dos tempos pasados, o aspecto típico que lle fora propio. A monotonía e o gris esténdense por todas partes (…). Un dos procedementos máis acertados, co que se obteñen resultados satisfactorios, é a adaptación daqueles edificios que perderon a súa utilidade primitiva a outro tipo de vida interna. O viño novo fermenta mellor entre madeiras vellas. A vida moderna entre paredes antigas semella distinguirse, mellorarse …