Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Triplo Irmandamento

Proxecto ARGA irmándase con dous dos proxectos divulgativos e culturais máis importantes para a Arquitectura e o Patrimonio en Galicia:

  • Arquitectura de Galicia

Trátase dunha plataforma cultural formada por estudantes de Arquitectura ou arquitectos recentemente titulados que, ante a falta de información de calidade sobre a Arquitectura Contemporánea galega, procura crear unha base de datos sobre as arquitecturas que se realizaron en Galicia dende os anos sesenta.

  • Patrimonio Galego

É un Sistema de Información Xeográfica que naceu co obxectivo de elaborar un catálogo social do Patrimonio Cultural de Galicia reunindo o esforzo de centos de persoas amantes do Patrimonio que voluntariamente inventarian os bens galegos e logran que este proxecto estea a piques de chegar aos oito mil bens inventariados.