Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Buxa. Asociación Galega do Patrimonio Industrial

A web de Buxa. Asociación Galega do Patrimonio Industrial presenta unha ligazón á plataforma virtual de Proxecto ARGA, na sección de enlaces; xunto coas páxinas da Asociación para a Defensa do Patrimonio Industrial - TICCIH España, da European Route of Industrial Heritage (ERIH) ou da Asociación de Arqueoloxía Industrial INCUNA, entre outras.

Buxa. Asociación Galega do Patrimonio Industrial é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como finalidade o fomento do coñecemento da industria no seus ámbitos técnico, arqueolóxico, histórico, económico, sociolóxico, ambiental e historiográfico.