Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018

O Patrimonio Cultural abarca tódolos recursos herdados do pasado en tódalas formas e aspectos: material, inmaterial e dixital; polo que ten un incuestionable valor educativo e social, así como un considerable potencial económico e unha gran dimensión en cooperación internacional. O Patrimonio Cultural non é só un legado do pasado, é tamén un recurso para o noso futuro.

Coa fin de fomentar o intercambio e a valoración do Patrimonio Cultural de Europa como un recurso compartido, así como sensibilizar sobre a historia e valores comúns do mesmo, decidiuse dedicar o presente ano 2018 como Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

A implementación do AEPC 2018 manifestarase mediante proxectos e actividades que se desenrolarán en toda Europa e con terceiros países. Devanditas actividades estarán sempre destinadas a todo tipo de públicos; sen embargo, prestarase unha maior atención ás xeracións máis novas e aos profesionais do Patrimonio Cultural.

Proxecto ARGA no AEPC 2018

Con moitas ganas de aportar o noso gran de area á celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, Proxecto ARGA únese a esta festa cultural a través da asociación Hispania Nostra, constituída no 1976 co gallo do Ano do Patrimonio Arquitectónico Europeo e en sintonía coa organización Europa Nostra.

Acreditados co selo correspondente e baixo o nome de Patrimonio Reutilizado, presentamos con moita ilusión o noso aporte: unha serie de doce arquitecturas monumentais que foron obxecto dunha intervención cuxa finalidade era o cambio de uso.

A partir do 1 de marzo, cada dúas semanas, poderedes consultar na nosa web unha nova incorporación dentro desta actividade: un Ben de Interese Cultural cuxa reutilización salvouno do abandono e lle supuxo unha segunda vida.

#EuropeForCulture